Os Concellos de Carballo, Laracha, Laxe e Ponteceso quedan libres de restricións covid
Esta tarde de mércores 16 de setembro, a Xunta vén de anunciar que levanta as restricións en Carballo, A Laracha, Laxe e Pontecesoa partir das a partir das 00:00 horas. A "tendencia estable" na evolución da COVID-19 permite que o Sergas tome esta decisión. Carballo e A Laracha levaban xa con este réxime de certas limitacións dende o pasado día 2, o Concello de Ponteceso sumábase ás restricións o día 9 e Laxe o pasado venres 11.
O Sergas reuníase a comezos de semana cos alcaldes dos concellos bergantiñáns e os informaba de que había 164 casos activos. Apenas dous días despois o Sergas levanta as limitacións, a pesar de que concellos como Carballo repuntaron na xornada de onte, pasando de 51 aos 56 casos activos rexistrados no día de hoxe (a semana pasada chegaron a ser 87).
Outros como A Laracha si que viviron unha importante caída, e dos 23 do luns este mércores pasaron a 15 (chegaron a ser 31). Tamén baixa a incidencia en Laxe, pasando de 11 a 9. En Ponteceso a incidencia a día de hoxe é de 23, 4 menos que onte e 10 menos que a cifra máis alta rexistrada.
Ademais, este xoves os alcalde da zona Bergantiños teñen videoconferencia co Conselleiro ás 13:30h, na que se informará das novidades.
Novas relacionadas
- 16-09-2020: Santa Comba reabre trala boa evolución do coronavirus.
- 14-09-2020: O SERGAS reúnese cos alcaldes de Bergantiños, comarca que suma 164 casos activos.
- 11-09-2020: As traballador@s do Híper Gadis de Carballo esixen información e prevención fronte ao covid19.
- 09-09-2020: Medio pasiño atrás.
- 09-09-2020: Restricións Covid: Ponteceso súmase á Laracha e Carballo; Santa Comba sae.
- 08.09.2020: O número de positivos en Ponteceso chega aos 33.
- 04-09-2020: Camariñas confirma dous casos activos de covid19.
- 02-09-2020: Miguel Vieito Villar: Medio pasiño atrás
- 02-09-2020: Novas medidas de restrición para Carballo, A Laracha e Santa Comba