Santa Comba reabre trala boa evolución do coronavirus

19:28 16/09/20
Continúa evolucionando positivamente o gromo de Santa Comba. A semana pasada a Xunta xa retiraba as restricións oficiais ao termo municipal xalleiro, cando os activos activos xa baixaran de 36 a 21. Hoxe o Concello informa de que son 15 casos positivos por coronavirus no Concello.
Se ben lembra as recomendacións sanitarias que cómpre seguir nun bando municipal, o Concello toma novas medidas ante a boa evolución dos datos.
- Abrir ao público parques infantís, circuito de calistenia, pista multideporte, pista de pádel e pavillóns.
- Abrir ao público as áreas recreativas.
- Reanudar a Feira Municipal de Santa Comba o próximo luns 21 de setembro.
- Apertura do curso escolar da Escola Infantil Municipal o próximo luns 21 de setembro.
Novas do gromo xalleiro
- 09-09-2020: Restricións Covid: Ponteceso súmase á Laracha e Carballo; Santa Comba sae.
- 29-09-2020: o gromo de Santa Comba segue medrando.
- 25-08-2020: O gromo de Santa Comba aumenta ata 28 positivos e o Concello pecha todas as instalacións.
- 22-08-2020: Xa son 11 os positivos do gromo de coronavirus de Santa Comba.
- 21-08-2020: Santa Comba confirma 3 novos positivos por coronavirus.