Os Concellos poderán axudar ás empresas a afrontar gastos coas axudas do PEL-Reactiva
As axudas de emprego para os Concellos que abre a Deputación no marco do Plan de Emprego Local xa están abertas. Cun orzamento de 10 millón de euros, a entidade provincial permite que os Concellos de menos de 50.000 habitantes soliciten axudas para axudar ás empresas a afrontar gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da Covid-19, compra e instalación de mamparas, adquisición de produtos de limpeza e protección, así como a gastos correntes.
Unha vez concedidas, serán os propios concellos os que anunciarán as convocatorias para que microempresas e persoas autónomas poidan beneficiarse destas contías. A achega provincial constitúe o 80 % da axuda total a distribuír, poñendo os concellos o 20% restante con fondos propios.
O prazo para que os concellos soliciten estas axudas abrirá mañá e rematará ás 14:00 horas do día 9 de outubro.