As confrarías, a piques de perder a paciencia cos bateeiros pola extracción da mexilla
Levan máis dun ano as confrarías de todo o país librando unha batalla para controlar a extracción da mexilla das súas rochas. Por razóns tan claras e rotundas compo que ”o mellor percebe sae no medio do mexillón, tende a ter unha cor máis vermella, e é máis carnoso”.
Pero a pesar de que, o pasado abril de 2019 a Consellería e o sector bateeiro se amosaban dispostos a negociar un maior control, a extracción da mexilla segue a ser unha práctica sen lei.
As propias confrarías solicitaban hai apenas 3 meses convertirse en proveedoras de mexilla para o sector bateeiro, aproveitando os tempos de veda do percebe, por exemplo. Pero facendo caso omiso, estas semanas extractores do sur están copando as mellores rochas da comarca.
Hai dúas semanas estiveron na zona do Roncudo. A semana pasada estiveron na mellor zona de percebe de Laxe, chamada A Mundiña. Tamén estiveron na zona da Barca, onde os percebeiros chegaron ata chamar á Garda Civil, se ben a realidade é que os permisos son regulamentarios.
De aí que os percebeiros de todo o litoral galego, que levan 50 días sen poder traballar), están perdendo a paciencia. “Estamos todos fartos. Imos pasar ao ataque, mesmo pensando en denunciar a Consellería de Pesca”, porque está dando permisos cando no artigo pon que se pode extraer mexilla “sen alterar o fráxil equilibrio ecolóxico da zona costeira”, explican varios percebeiros da zona, que se van atopar as “pedras peladas” cando volvan ao traballo.
Carta dun percebeiro
Estes días un percebeiro de Muxía compartía esta reflexión nas redes sociais, ante as "ameazas" vertidas en xornais sureños polo lobby do mexillón:
Novas relacionadas
- Febreiro 2020: “As Confrarías teñen que ser as únicas que poidan extraer mexilla das súas rochas”.
- Abril 19: A Consellería e o sector bateeiro dispostos a negociar un maior control da extracción da mexilla.
- Marzo 19: Máis confrarías de todo o país únense á loita dos percebeiros por establecer controis á extracción da mexilla.
- Marzo 19: Varias confrarías únense para defender o percebe ante a extracción da mexilla.