Venres. 26.04.2024
El tiempo

“As Confrarías teñen que ser as únicas que poidan extraer mexilla das súas rochas”

Imaxe dos percebeiros de Laxe en plena faena-Foto-José Manuel Ojén
“As Confrarías teñen que ser as únicas que poidan extraer mexilla das súas rochas”

Levou case un ano conseguilos permisos, pero agora a Confraría de Corme é pioneira. Durante os peores meses do percebe (xaneiro, febreiro, marzo e abril), os percebeiros teñen unha boísima alternativa ca extracción da mexilla, unha vez que o pósito cormelán conseguiu firmar varios convenios con empresas bateeiras para surtirlle esa pequena semente que se coloca nas cordas das bateas. Un produto que lles permite traballar nesta época e que ademais conta como días como traballados para a renovación do permex do percebe.

Outras confrarías como a de Lira, Muxía, Malpica… e otras de fóra da comarca, están moi interesados aproveitar este recurso. Pero non todo é tan sinxelo. Porque algunhas das empresas bateeiras seguen enviando xentes para extraer a mexilla das rochas de todo o país. Persoas que chegan sen ningún tipo de permiso nin carnet, e que roen nas pedras, neste caso cormelás, sen seguir nin réxime nin plan de extracción.

Esta pasada semana, “na zona sur debeu haber 20 bateeiros de Rianxo, e foi moita mexilla que sacaron das pedras para sacar cría. Sacaron uns 90 sacos de patacas cheos de mexilla, mentres nós collemos 30 entre 4 persoas”, lamenta o patrón maior de Corme, Roberto Vidal. “O que nós pensabamos que nos ía dar para 2-3 meses de traballo, agora quédanos á metade”, lamenta.

Un control

O pósito esixe un control. O ano pasado comezaron a loita por manter o Roncudo e a Percebellosa con cría de mexilla, porque o percebe que nace no medio do mexillón nace moito mellor. “Se non hai mexillón, ou non agarra ou é percebe cativo”, explica Vidal. “Por iso estamos pechando as zonas boas de percebe como zonas vedadas para mexilla, tanto para os de Corme como para os de fóra”.
Agora, os percebeiros cormeláns están extraendo mexilla en zonas onde non hai percebe, como son as zonas das Rosas e as zonas de Canteiro. “Queremos deixar só estas dúas zonas para a extracción da mexilla, pero vindo esta xente imos acabar moi pronto co produto”, explica.

Unha situación que obriga ao pósito de Corme a mover ficha. “Se imos firmar convenio para aportar mexilla ás empresas bateeiras, temos que asegurarnos de que imos ter produto, por iso “temos que intentar que as confrarías sexan os únicos que poidan recoller a mexilla. Confraría que teñan convenio cos bateeiros, confraría que ten a exclusiva das pedras”, explica.

Novas relacionadas

Comentarios