Continúa aberto o prazo de matrícula na Escola Oficial de Idiomas de Carballo
Ata o 20 de setembro continúa aberta o prazo de matrícula na Escola Oficial de Idiomas de Carballo situada no Pazo da Cultura. Aínda é posible matricularse, sen necesidade de preinscrición, en alemán, español como lingua estranxeira, francés e inglés, linguas nas que se ofertan cursos oficiais de A1 a C2 que conducen á obtención de titulación oficial dos niveis do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
Na escola pode matricularse calquera persoa maior de 14 anos; no caso de ter cursado inglés na ESO, nesta lingua terá que ser a partir dos 16 anos. Os cursos ofrécense en distintas franxas horarias de mañá e de tarde.
Ofértanse cursos na modalidade presencial, que implica catro horas á semana de docencia repartida en dous días. En francés, tamén se ofertan algúns cursos semipresenciais, nos que só se asiste á aula un día á semana, que se completa con traballo autónomo nunha aula virtual.
Ademais dos cursos oficiais, este ano a Sección de Carballo conta tamén con cursos monográficos sen exame, idóneos para aquelas persoas que queiran comunicarse en inglés sen a presión das probas finais.
Na sede central da EOI da Coruña, na Cidade Escolar, ademais das linguas que se ensinan na Sección de Carballo, pódense cursar outras sete linguas: árabe, chinés, galego, italiano, portugués, ruso e xaponés. A escola conta tamén con seccións delegadas nas localidades de Arteixo, Cee e Culleredo.
Toda a información sobre a matrícula atoparse na web da escola: https://www.edu.xunta.gal/cent