![Imaxe de arquivo do helicóptero de Salvamento Marítimo]()
Imaxe de arquivo do helicóptero de Salvamento Marítimo
O helicóptero Helimer de Salvamento Marítimo traballou hoxe na procura do único tripulante –de nacionalidade francesa- da
embarcación atopada onte semi-sumerxida fronte á costa de Malpica. A quilla da embarcación, un trimarán que leva por nome
Presto, foi avistada onte pola mañá a media milla da praia de Area Maior, á altura de punta Atalaia. Posteriormente, foi remolcada ata o porto da Coruña, onde os mergulladores comprobaron que non había ninguén no seu interior.
A embarcación atopábase desaparecida dende que zarpara do porto de Corme, en Ponteceso, a comezos deste mes.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- 112