sábado. 24.05.2025
El tiempo

Contra atrás para a adaptación da TDT

Contra atrás para a adaptación da TDT
Resintonizando a TDT-Foto-Ovidio Castro Instalacions Ovidio falanos da resintonizacion da TDT

Hai unhas semanas xa nos explicaba o proceso de resintonización da TDT. Hoxe, Ovidio Castro, de Instalacións Ovidio, a apenas unha semana de comezar a resintonización, fálanos das axudas.

Axudas de 100€ a 350€ por comunidade de propietarios (Coruña Sur)

A partires o 26 de outubro xa poderemos resintonizar ou adaptar as nosas antenas e solicitar as axudas para a adaptación (só comunidades de propietarios con nif e sistema de amplificacion basado en centralita programable ou amplificación monocanal) as cales irán de 100 a 350€ en función do equipo que teñamos instalado sexa central programable (100€) ou amplificación monocanal (350€ que corresponde aos 3 múltiplex dixitales necesarios na zona Coruña sur).

Requisitos para recibir as axudas

As axudas solicitaranse unha vez realizadas as actuacións nos edificios.
Soamente recibirán axudas as comunidades que tiveran instalado un sistema de antena colectiva basado en amplificación monocanal ou centralita programable.
As comunidades de propietarios deberán dispoñer de nif (código H) e ser titulares dunha conta bancaria ao seu nome dónde se ingresará o importe da axuda.
As axudas só poderán outorgarse a aquelas actuacións realizadas por empresas instaladoras autorizadas inscritas nos rexistros de empresas instaladoras de telecomunicacións nos tipos "A" ou “F”.

Solicititude das axudas

A solicitude das axudas realizaráse exclusivamente a través da rede.
As solicitudes serán atendidas por orde de presentación no sistema electronico de xestión ata o agotamento dos fondos.
As solicitudes poderán presentarse pola comunidade de propietarios ou ben no seu nome por un representante, por exemplo o administardor da finca.
En todo caso o pago da axuda realizarase en todolos casos na conta da comunidade de propietarios.

Documentación necesaria para a solicitude

Factura emitida pola empresa instaladora que fixo a adaptación.
Boletín de instalación que a empresa instaladora deberá entregar a comunidade de propietarios unha vez realizada a adaptación.
Documento acreditativo da titularidade da conta bancaria a nome da comunidade de propietarios dónde se solicita o ingreso da axuda (toda esta documentaciónen formato jpg, pdf, etc... para poder presentala a través da rede.

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios