Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Coristanco tamén rexistrou un forte incendio que afectou a 23 hectáreas

Coristanco tamén rexistrou un forte incendio que afectou a 23 hectáreas
Imaxe do lume de Coristanco-Foto-Juan Canedo

Tardou en extinguirse ata as 5:45h desta pasada madrigada do mércores ao xoves, o incedio forestal rexistrado na parroquia de Couso, en Coristanco (#IFCousoCoristanco, como o califica a Xunta dende o seu tuiter de información @incendios085). Un lume que se iniciaba ás 18:18h da tarde de onte, apenas un rato despois do de Muxía, e que afectou a unha superficie de 23 hectáreas (aproximadamente 23 campos de fútbol).

Na súa extinción traballaron 3 axentes forestais, 7 brigadas, 3 motobombas e 2 helicópteros. Como dicimos, a superficie afectada, segundo estimacións provisionais, é de 23 hectáreas, na súa maioría rasas.

Imaxe do lume de Coristanco-Foto-Juan Canedo

Informar

Agracedemos e invitamos aos usuarios de QPC que nos fagan chegar as súas imaxes e impresións a través do noso Facebook e o noso Twitter, e a través do whatsapp (637 704 893).

E lembramos tamén, como fai a Consellería do Medio Rural e do Mar, que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Imaxe do lume de Coristanco-Foto-Juan Canedo

Incendios forestais 2015

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios