A Costa da Morte demostrou a súa eterna solidariedade cos refuxiados palestinos
Emotiva e comprometida cita a que se viviu este pasado luns 5 de xaneiro no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee. Mohamed Safa preparaba esta nova Gala en Solidariedade cos Refuxiados Palestinos, e a veciñanza da comarca de Fisterra volveu demostrar a súa implicación nun conflito que leva anos coñecendo de primeira man.

E precisamente foi esa idea, que a solidariedade chega ata os sitios máis pequenos e que necesitamos da implicación de todos para loitar contra as inxustizas do noso mundo, foi un dos fíos condutores da Gala. Así, as 250 persoas que asistiron e colaboraron economicamente coa súa entrada cos Refuxiados palestinos, demostran que o poder da axuda ás veces escapa da política mundial, calada ante unha das catástrofes humanitarias máis eternizadas do planeta.
A gala, que durou máis de 3 horas, foi presentada pola brava Isabel Risco, coordinada por Suso Bahamonde, e coa escena fantasticamente ambientada por Sole Méndez, na que o humorista Pepe Viyuela, co que falabamos a semana pasada, foi o encargado de darlle o toque nacional a un evento realizado no recuncho do occidente europeo.
Case cheo na Casa da Cultura para a Gala polos Refuxiados palestinos-Foto-Rafa Quintáns
O compromiso social e as risas, compartiron protagonismo coa poesía recitada polos membros do Batallón Literario da Costa da Morte e a música de Javi Turnes ou The Inversos. E precisamente todos eses poetas que se implicaron, dende as premiadas Lola Schutz ou Branca Vilela ata a novas Elena Busto ou Juan Lema, pasando por Luís Ares, David Creis, Álex López, Xaime Trillo, Serxio Iglesias (e a guitarra de Elías López), non fai máis que incidir na idea da implicación, de non rendirse... para conseguir facer o planeta un pouco mellor. Todos, absolutamente todos os que participaron na gala (o propio Viyuela, os técnicos de son, Isabel Risco… participaron de balde no acto).
Pepe Viyuela na a Gala polos Refuxiados palestinos-Foto-Rafa Quintans
Dereito a volver as casas
O recadaudo vai para UNRWA, Axencia da ONU para os Refuxiados Palestinos, para levar a axuda directamente aos 5 millóns de refuxiados dispersos na franxa de Gaza, Líbano, Siria… A gala servi para abrir unha ventana aberta a este asunto, pois segue sendo a chave ese gran símbolo de esperanza de volver ás súas casas. “Porque o concepto de refuxiado é un concepto que se debe asociar á transitoriedade”, sinalaba Safa, pero neste caso, e con case 70 anos de conflito, o concepto de refuxiado palestino xa case se está convertindo en crónico, xa case non hai palestinos “normais”, reflexionaba.
Precisamente, a UNWRA, ademais de recadar directamente estes fondos, tamén está en plena campaña de captación de socios, despois de que Trump veña cortar toda clase de axuda aos refuxiados palestinos.
O vindeiro 2020, máis.
Mohamed Safa na a Gala polos Refuxiados palestinos-Foto-Rafa Quintáns
Novas relacionadas
- Pepe Viyuela: "Dame pánico que o terror se vexa como algo normal”.
- Mohammed Safa: “Algún día poderei dicir que son palestino e libre ao mesmo tempo”.
- 2015: Unha marea de cores costeiras para lembrar a traxedia palestina.
- 2012: Leo Bassi e Pallasos en Rebeldía rompen o muro da desinformación en Corcubión.
- 2011: A Costa sinte a ocupación palestina.