Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa sinte a ocupación

A Costa sinte a ocupación

"Palestina 2011: Vivindo a ocupación".

Así se titulou a charla-exposición-performance que o COSAL Costa da Morte artellou onte en Corcubión (hoxe xoves toca en Carnota). Todo para contar as experiencias vividas por un grupo de 5 persoas que pasaron 15 días de agosto por terras palestinas. Onte foron unhas 40 persoas as que se achegaron á Terraza de El Hórreo para sentir o conflito de primeira man.

Javier Turnes, Chicha Martínez e Ubaldo Cerqueiro foron os encangardos de contar, foto a foto, a viaxe. Mentres que Rafael Poncela (outro membro da expedición xunto con Alberto Pagán) e o seu exército do MOSAD, vixiaban a entrada de obxectos perigosos a través do escáner. Precisamente a idea era a de crear a tensión bélica que vive todo o territorio, cun control militar férreo, que serve para ocupar o territorio, pero tamén representa a terrible ocupación do tempo da vida.

"Ver, coñecer e contar" era o sentido da viaxe dos membros de COSAL, e máis despois de que as ducias de palestinos cos que se toparon lles pedisen, en perfecto inglés (un símbolo das súas gañas de contar a situación) que llo contasen a todo o mundo. I é que o que nos chega a través dos medios tradicionais queda coxa, segundo explicaban os viaxeiros, que malia coñecer a problemática antes de ir, quedaron impactados da gravedade da situación actual.

Todo, mentres a ONU, e EEUU, deciden o futuro do posible novo estado palestino.

Controis de seguridade, armas, militares, humillación, resistencia, relixión, cárcere, morte, estratexias de ocupación, asentamentos, colonos, campo de refuxiados, mobilización, muro, bombas de gas, agresións, intifada, guerra, consecuencias psicolóxicas, terapia, Gaza, bloqueo, boicot, ciberactivismo... foron algúns dos termos que se trataron na sesión, e que os membros de COSAL intentarán volcar a través dun caderno de bitácora nun futuro blog.

A través de twitter

A charla foi retransmitida en directo a través do twitter por Ana Díaz e Rosaura Romo. Se buscades polo hashtag #palestina2011 podedes seguir o sino da charla.

Nova cita en Carnota

Esta tarde de xoves 22 de setembro de 2011, o Salón de Actos do Concello de Carnota acollerá, a partir das 20:15h unha nova sesión, para seguir espallando a realidade do conflito de primeira man por toda a Costa da Morte.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios