Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte tamén berrou en Compostela: “Eólicas, así NON”

Contraminate e Salvemos os Penedos na Manifestacion Eolicas Asi Non
Contraminate e Salvemos os Penedos na Manifestacion Eolicas Asi Non
A Costa da Morte tamén berrou en Compostela: “Eólicas, así NON”

Este sábado 5 de xuño, colectivos de toda Galicia quixeron facer coincidir o Día Mundial do MedioAmbiente cunha gran manifestación. Unha manifestación contra o modelo enerxético que a Xunta do PP está implantando no país, non unha manifestación contra a enerxía eólica.

Dase a circunstancia que os que seguro son os colectivos que máis apostan polas enerxías renovables, son os primeiros en saír á rúa para denunciar a invasión de viraventos. De aí o lema da campaña: “Eólicas, así non”.

E na Costa da Morte sabemos ben o que significa, nunha zona absolutamente asolagada de aerexeneradores (non hai monte, non hai paisaxe que non estea xa afectada) e que vai sufrir a invasión de máis de 40 novos parques (serán máis de 200 en toda Galicia) no xa chamado “Complexo Eólico da Costa da Morte”.

Chamado así pola envergadura dos proxectos, pero non porque se tiveran tido en conta en conxunto para analizar o verdadeiro impacto ambiental de todos os proxectos. A veciñanza comproba como a Xunta fracciona proxectos para salvar as máximas medidas de protección da natureza, ou como o Ministerio saca adiante proxectos sen analizar o impacto completo que vai provocar na nosa contorna todo este novo impulso.

De aí que os colectivos costeiros máis comprometidos co medioambiente sexan os primeiros en saltar as alarmas ante a #PandemiaEólica. E non faltaron á manifestación compostelá, chamada xa “o novo Nunca Máis”, grupos como Contramínate, Adecom, a Plataforma Salvemos Os Penedos ou a Rede Galega por un Rural Vivo, representada pola Plataforma de Coristanco + eolicos Non, Salvemos a comarca de Ordes, Plataforma Quijote de Outes, e a Plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras.
 IMG-20210607-WA0002

Manifa eolciosMANIFESTACION no Obradoiro con Distancia Social

Foi unha manifestación numerosísima, apoiada polos grupos de BNG, PSdeG e Galicia en Común, que partíu da Alameda e que rematou nunha ateigada (sempre con distancia social) praza do Obradoiro. Tremeron os asistentes cando a organización fixo bruar polos altofalantes o tremendo ruído que fan estes xigantes de 200 metros de altura sobre as pequenas aldeas que sufren afectadas directamente, e sobre os milleiros de animais que viven neses montes.

Os colectivos piden a Xunta a paralización de todos os novos proxectos, ao tempo que valore o cambio de modelo, un modelo baseado en que grandes empresas multinacionais, e habitualmente foráneas, veñen a sacar cartos do #nosoventos (como rezaba algunha pancarta) sen que repercuta absolutamente na veciñanza.

NOVAS SOBRE EÓLICOS

Comentarios