A Costa da Morte terá as mesmas praias con Bandeira Azul que o verán pasado
- O CN de Camariñas queda sen Bandeira Azul tra 9 anos con ela
Nin altas nin baixas na listaxe de Bandeiras Azuis que a Axencia ADEAC vén de anunciar este mediodía. Os Concellos de Camariñas, Carballo, Dumbría, A Laracha, Laxe e Ponteceso copan as 10 bandeiras azuis determinadas para os nosos areais.
Carballo e Ponteceso, con 3 cada bandeiras cada un (o de Carballo súmalle un Sendeiro Azul), son os concellos que máis investiron en conseguir este distintivo, que asegura o mantemento dunha serie de servizos.
Ademais, tamén cómpre salientar o Concello da Laracha, que ademais da praia de Caión tamén terá este selo de calidade como Sendeiro Azul no Sendeiro de Saldoiro e como Centro Azul para o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte.
Praias da Costa da Morte con Bandeira Azul 2021
Concello | Praia |
Camariñas | Arou |
Carballo | Pedra do Sal Razo Saíñas |
Dumbría | Ézaro |
A Laracha | Caión |
Laxe | Laxe |
Ponteceso | A Ermida Balarés O Osmo |
Sen portos con Bandeira
Queda, iso si, sen Bandeira Azul o Porto do Club Náutico de Camariñas, vixente, polo menos dende 2012.
Dende a entidade sen ánimo de lucro, aseguran que fixeron todos os trámites, pero dende a ADEAC enviaron requerimentos que non se puideron cumprir dadas as circunstancias provocadas pola pandemia, e que só permitiron para manter o persoal.
Sendeiros Azuis da Costa da Morte 2021
- Sendeiro de Saldoiro (Laracha).
- Sendeiro Costa da Morte (Camariñas).
- Sendero do Mar Razo-Baldaio (Carballo).
Centros Azuis da Costa da Morte con Bandeira Azul 2020
- Centro de Interpretación de los Molinos de Agua de la Costa da Morte Golmar (A Laracha)
- Museo Man de Camelle (Camariñas)
Novas relacionadas
- 2020: 6 concellos acaparan as 10 Bandeiras Azuis da Costa da Morte.
- 2019: As "inasumibles" esixencias da Bandeira Azul da praia de Laxe.
- 2019: A Costa da Morte perde dúas das históricas praias con Bandeira Azul.
- 2018: 10 praias, 2 sendeiros e 2 portos da Costa da Morte lucirán Bandeira Azul este verán.
- 2017: As praia de Arou e 3 areais pontecesáns amplían a 10 as Bandeiras Azuis da Costa da Morte.
- 2016: A Costa da Morte mantén as súas 6 bandeiras azuis.
- 2015: 6 praias da Costa da Morte lucirán a Bandeira Azul este verán.
- 2014: 6 Bandeiras Azuis ondearán este verán nas praias da Costa da Morte.
- 2013: 9 praias da Costa da Morte lucirán este verán a Bandeira Azul.
- 2012: 8 praias e un porto deportivo da Costa da Morte lucirán Bandeira Azul este verán.
- 2012: A praia de Laxe, a única praia da Costa da Morte coa Q de Calidade.
- 2011: A única praia con dúas bandeiras.
- 2011: A Costa da Morte recupera, e perde, varias Bandeiras Azuis.
- 2011: A de Laxe, a única praia con dúas Bandeiras de calidade.