Xoves. 09.12.2021
El tiempo

Costa da Morte, territorio de sacrificio

Carlos Penedo, membro da Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras e da Rede galega por un Rural Vivo, volve realizar unha nova homenaxe en letras á nosa castigada comarca.

mapa de eolicos de Galicia
Mapa de eólicos de Galicia
Costa da Morte, territorio de sacrificio

Ese é un poeta : É escravo das ideas,
esquiva todo honor, toda homenaxe,
e loita por romper súas cadeas, 
coma un falcón intrépido e salvaxe

Eduardo Pondal

                                                                                                                                                                                    Que valor ten ter responsabilidades políticas para decidir en contra das túas riquezas naturais e medio ambientais? A caso o patrimonio de todas as galegas e e gelegos non ten infinitamente máis valor que unha indenización, chámase Fondo de Compensación Ambiental ou canon eólico? A paisaxe foi sempre un gran valor natural da nosa identidade?

Pois agora políticos que gobernan na Xunta e nos concellos din que todo isto é bo para todas e todos,nunca entendin que a destrucción dun territorio fora un beneficio. Grazas aos parques eólicos o rural nunca estivo tan ben, di a patronal eólica, estamos actuando atendendo a normativa medio ambiental, di o goberno da Xunta. Non podemos dar mais voltas, a cousa está clara, a imposición eólica en Galiza é un negocio. Si un negocio que leva ao oligopolio eléctrico obter unha cuantiosa rendavilidade económica e a veciñanza queda cos impactos e destrozos. Que exemplarizante é a democracia, da gusto ver aos políticos loitar por esta inxustiza.

A comarca máis castigada de Galiza na instalación de parques eólicos, é a Costa da Morte.

Actualmente hai 24 parques eólicos cunha potencia que supera os 200 MW, ao tempo que se estan a tramitar na Costa da Morte outros 25 proxectos (posiblemente a día de hoxe sexan máis parques os tramitados) que triplican a potencia instalada, estamos ante unha avalancha eólica sen precedentes. Parques eólicos que ubícanse en lugares de alto valor ambiental e paisaxístico, como os que se proxectan no monte As Salgueiras Ponteceso) ou na contorna dos penedos de Pasarela e Trabe de Laxe, súmase á lista o parques eólico Sembra, entre Fisterra e Cee, afectado o Camiño de Santiago e 25 mámoas (elementos megalíticos).

A Rede Galega por un Rural Vivo, colectivo integrado por un amplo conjunto de entidades e plataformas de máis de 16 concellos, esixen á Xunta de Galiza a paralización inmediata das tramitacións na Costa da Morte e solicitan ao Parque do Megalitismo da Costa da morte a paralización dos novos proxectos eólicos debido á ameaza que supón para todos os elementos arqueolóxicos e megaliticos tamén, a imposición de tan elevado número de parques eólicos en toda a Costa da Morte.

En Galiza , no mapa pódese observar o volumen de parques aprobados o tramitados. Nacen movimentos de resistencia, formados pola veciñanza afectada polo abuso dos parques eólicos o pasado 15 de xuño máis de 130 colectivos de toda Galiza reclaman, na manifestación de Santiago de Compostela, a paralización dos proxectos eólicos e denuncian que convirten o medio rural en un territorio de sacrificio.

Tamén sobre Galiza, O manifesto Aldeas con Horizonte fai a seguinte observación : “Desde finais de 2019 ,o goberno galego e español tramitan en conxunto uns 75 megaparques eólicos, que se sumamos 180 xa en explotación, e que serán aprobados pola vía da urxencia e sen couto , coa idea de acadar os 5000MW de potencia instalada no 2.020. Porén a cobiza do lobby enrxético en Galiza non ten límite e pretende ata 2030 duplicar a potencia instalada, ampliando as áreas de expasión eólica a vales , zonas húmedas, agras, primeira liña de costa e, incluso preto dos núcleos de poboación, a carón das nosas casas.”

Somos moitos e moitas que loitamos por romper nosas cadeas e enfrentarnos con esta inxustiza, como o poeta, coma un falcón intrépido e salvaxe.

 

  • Carlos Penedo, membro da Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras e da Rede galega por un Rural Vivo.

NOVAS RELACIONADAS

 

 

 

comentarios