Venres. 29.03.2024
El tiempo

As entidades sociais lanzan o SOS e recollen sinaturas contra os eólicos de Sembra

Camino-de-Santiago-en-Cee
O lugar onde se instalarán os eólicos de Sembra coincide coa primeira fiestra ao mar do Camiño de Santiago tras 1.000 quilómetros de sendeiros polo interior.
As entidades sociais lanzan o SOS e recollen sinaturas contra os eólicos de Sembra

Xa coñecimos a importante ameaza que supón o PE Eólicos de Sembra, que se situará nos montes de Cee, Dumbría e Fisterra provocando que non quede un só concello na Costa da Morte sen sufrir a invasión dos viraventos trala tramitación de máis de 40 proxectos no coñecido como Complexo Eólico da Costa da Morte.

Desta volta é a ADECOM a que lanza o SOS sobre o impacto dos 12 aereoxeneradores na última zona da comarca libre de macroinstalacións deste tipo. A entidade profundizou sobre o proxecto promovido pola sociedade Volantis Renovables, “unha sociedade limitada unipersoal constituída este mesmo ano por Juan Jesús Berzosa Aránguez (dono de outra multitude de empresas eólicas)”.

Así, veñen de presentar alegacións, e montará un posto informativo este domingo 8 de agosto desde as 11 horas no Mercado de Cee coa intención de informar á veciñanza da Costa da Morte da grave afectación que supón este proxecto e recoller alegacións ao proxecto de parque eólico Sembra, tendo en conta que o prazo de alegacións remata este mesmo mes.

Tamén se poden presentar online descargando e asinando o borrador de alegacións, e presentalas na sede física ou electrónica da Xunta ou do Goberno central, ou ben asinalas e mandándoas a [email protected], que farán o trámite.

NOVAS SOBRE OS EÓLICOS

Comentarios