Martes. 15.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte volverá 3 Sendeiros Azuis

Laracha recolle a bandeira de Sendeiro Azul
O alcalde da Laracha recollendo en Madrid a Bandeira Azul do Sendeiro de Saldoiro
A Costa da Morte volverá 3 Sendeiros Azuis

Xa vimos que a Costa da Morte volve ter este ano 10 praias con Bandeira Azul, o calificativo de calidade que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac).

Pero é que ademais Galicia é a comunidade con máis sendeiros azuis de toda España. Son 29 sendeiros con esta catalogación, con máis de 220 km. Deles 3 volven ser da Costa da Morte:

  • Sendeiro de Saldoiro (A Laracha) (o tramo do paseo marítimo de Caión de 1,5 quilómetros de distancia que vai desde a praza Eduardo Vila Fano ata o arroio Figueirido.): 1,5 km..
  • Sendeiro Costa da Morte (Camariñas) (a ruta dende Camelle a Cabo Vilán e Camariñas): 26 km.
  • Sendero do Mar Razo-Baldaio (Carballo): 10 km.

Esta semana as comitivas municipais acodían ao Real xardín Botánico de Madrid para recoller a bandeira.

Novas rleacionadas

Comentarios