COVID: 6 concellos afectados na comarca, nos que Malpica e Muros soben a nivel 2
13:11 24/10/20
Os últimos datos do Coronavirus en Galicia deixan afectados a 6 concellos dos 19 que cubrimos na comarca. A Laracha segue mantendo o preocupantes nivel 3 (con máis de 21 casos activos), e Malpica e Muros únense a Carballo no nivel 2 (entre 14 e 21 casos).
Precisamente Vimianzo decidiu adiar as actividades culturais programadas para esta finde.
Ademais, Vimianzo e Santa Comba volven aparecer en amarelo, co nivel 1 de alerta (entre 7 e 14).
Para dar conta da incidencia do COVID, aínda que haia quen queira facer saltar as alarmas, non hai nin un só ingresado (nin na UCI nin en planta) no Hospital Virxe da Xunqueira.
NOVAS RELACIONADAS
- 23-10-2020: Os centros de ensino reaccionan con solvencia ante os escasos positivos.
- 20-10-2020: Vimianzo tamén sobe ao Nivel 1 de alerta sanitaria por COVID
- 17-10-2020: COVID: Laracha volve ao nivel 3 de alerta.
- 16-10-2020: COVID: Zas únese aos concellos que teñen Nivel de Alerta 1.
- 14-10-2020: COVID: Malpica e Coristanco ascenden ao nivel 1 de alerta
- 13-10-2020: A Laracha, Carballo e Muros, os únicos concellos da comarca que seguen afectados polo Covid.
- 16-09-20: Os Concellos de Carballo, Laracha, Laxe e Ponteceso quedan libres de restricións covid.