Vimianzo tamén sobe ao Nivel 1 de alerta sanitaria por COVID

14:36 20/10/20
Hoxe, o Concello de Vimianzo súmase aos territorios afectados pola segunda onda do covid na Costa da Morte. O Concello vimiancés pasa a estar en Alerta Nivel 1 (entre 7 e 14 casos activos para concellos con menos de 10.000 habitantes), o mesmo nivel que Coristanco, Zas, Malpica e Muros.
Carballo segue estando no nivel 2 (entre 14 e 21) e A Laracha en nivel 3 (máis de 21).
Segue habendo un só hospitalizado en planta no Hospital Virxe da Xunqueira.
NOVAS RELACIONADAS
- 17-10-2020: COVID: Laracha volve ao nivel 3 de alerta.
- 16-10-2020: COVID: Zas únese aos concellos que teñen Nivel de Alerta 1.
- 14-10-2020: COVID: Malpica e Coristanco ascenden ao nivel 1 de alerta
- 13-10-2020: A Laracha, Carballo e Muros, os únicos concellos da comarca que seguen afectados polo Covid.
- 16-09-20: Os Concellos de Carballo, Laracha, Laxe e Ponteceso quedan libres de restricións covid.