COVID: Cabana tamén en nivel 3, e só 5 concellos sen alerta COVID

Importante aumento da incidencia do COVID en 24 horas na Costa da Morte, e sobre todo nas últimas semanas. O pasado 13 de outubro só había 3 concellos afectados na nosa comarca, e hoxe son xa 14.
Coa incorporación de Cabana, son xa 4 os Concellos en Nivel máximo de alerta, nivel 3 (con máis de 21 novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días), sumándose aos que xa levan uns días: Carballo, Malpica e Vimianzo.
En Nivel 2 (laranxa, entre 14 e 21 novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días), están dende hoxe Ponteceso, Laxe e Zas, sumándose ao de Santa Comba que xa anunciou medidas.
Tamén o Concello de Laxe informa de que son 22 os casos activos, e pon a disposición Protección Civil das necesidades básicas dos confinados. Adeais, a feira do venres non se celebrou, e non o fará ata novo aviso.
Hoxe súmase Cee ao Nivel 1-Amarelo (entre 7 e 14 novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días), no que xa están Camariñas, Muxía, Coristanco, Laracha e Mazaricos.
Deste xeito, só quedan 5 concellos (Corcubión, Fisterra, Carnota, Muros e Dumbría) sen ningunha alerta.
Hoxe hai 9 ingresados no Hospital Virxe da Xunqueira, os mesmos que onte.
Máis novas do COVID
- 05-11-2020: COVID: Carballo, Malpica e Vimianzo, en Nivel 3, quéixanse da desinformación. Santa Comba entre Nivel 2 e 3.
- 04-05-2020: Carlos do Celme Café: “Xa nos mataron en vida”.
- 03-11-2020: COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria.
- 02-11-2020: COVID: 13 concellos xa afectados na comarca.
- 30-10-2020: Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral.
- 28-10-2020: COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX
- 26-10-2020: COVID: 9 Concellos xa afectados; A Laracha, Carballo, Muros e Vimianzo en nivel 3.
- Un novo estado de alarma para unha nova onda.
- 24-10-2020: COVID: 6 concellos afectados na comarca, nos que Malpica e Muros soben a nivel 2