Xoves. 28.03.2024
El tiempo

COVID: Cabana tamén en nivel 3, e só 5 concellos sen alerta COVID

Mapa COVID Galicia 06-11-2020
Mapa COVID Galicia 06-11-2020
COVID: Cabana tamén en nivel 3, e só 5 concellos sen alerta COVID

Importante aumento da incidencia do COVID en 24 horas na Costa da Morte, e sobre todo nas últimas semanas. O pasado 13 de outubro só había 3 concellos afectados na nosa comarca, e hoxe son xa 14.

Coa incorporación de Cabana, son xa 4 os Concellos en Nivel máximo de alerta, nivel 3 (con máis de 21 novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días), sumándose aos que xa levan uns días: Carballo, Malpica e Vimianzo.

En Nivel 2 (laranxa, entre 14 e 21 novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días), están dende hoxe Ponteceso, Laxe e Zas, sumándose ao de Santa Comba que xa anunciou medidas.
Tamén o Concello de Laxe informa de que son 22 os casos activos, e pon a disposición Protección Civil das necesidades básicas dos confinados. Adeais, a feira do venres non se celebrou, e non o fará ata novo aviso.

Hoxe súmase Cee ao Nivel 1-Amarelo (entre 7 e 14 novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días), no que xa están Camariñas, Muxía, Coristanco, Laracha e Mazaricos.

Deste xeito, só quedan 5 concellos (Corcubión, Fisterra, Carnota, Muros e Dumbría) sen ningunha alerta.

Hoxe hai 9 ingresados no Hospital Virxe da Xunqueira, os mesmos que onte.

Máis novas do COVID

Comentarios