COVID: A incidencia nos centros de ensino multiplícase por 4 en 10 días

O Sergas anuncia un cribado no IES Parga Pondal
  • Carballo, Coristanco e A Laracha probocan un aumento na taxa de incidencia ata superar os 100 novos casos por cada 100.000 habitantes

Con Coristanco en nivel de restrición alta (a hostalería non se pode abrir o interiro) e Carballo, Carnota e A Laracha en nivel medio, afronta dende este luns esta nova fase da pandemia a Costa da Morte.

Unha fase na que a taxa de incidencia acumulada comarcal xa supera os 105 casos por cada 100.000 habitantes, tendo nos 9 concellos un total de 139 casos, o doble que hai 20 días.

Preocupan os concellos de Carballo, Coristanco e A Laracha, con incidencias de entre 150 e 2050 casos.

No lado bo, son 6 os concellos que non sumaron ningún novo caso nos últimos 14 días: Corcubión, Muxía, Fisterra, Mazaricos, Zas e Camariñas.

Aumento nos Centros de Ensino

Os datos nos Centros de Ensino segue aumentando. En apenas 10 días (do 20 de abril ao 1 de maio) a incidencia multiplicouse por 4, pasando de 9 casos en 6 centros, a 37 casos en 15 centros.

Por exemplo, o IES Parga Pondal sumou en poucos días 10 novos casos, de aí que o Sergas, (ademais dos cribados no IES da Laracha, e cribados en Carnota, Carballo e Vimianzo), realice outro cribado este luns, mediante PCR no IES Isidro Parga Pondal de Carballo. Serán 700 alumn@s do centro de 1º, 2º e 4º de ESO, 1º e 2º de Bachillerato, 1° e 2° superior de informática, así como al profesorado de estos cursos os que fagan a proba no mesmo centro.

 

Concello Centro Total
Positivos
Aulas
Pechadas
A LARACHA CEIP Caión 7 0
A LARACHA IES Agra Leborís 3 0
A LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 1 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 2 0
CARBALLO CPR Plurilingüe Artai 1 0
CARBALLO IES Isidro Parga Pondal 10 0
CARBALLO CEIP Fogar 1 0
CARNOTA IES Lamas de Castelo 2 1
CARNOTA CEIP Plurilingüe de Carnota 4 0
CEE IES Agra de Raíces 1 0
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 1 0
CORISTANCO CEIP Canosa-Rus 1 0
MAZARICOS CPI Plurilingüe da Picota 1 0
SANTA COMBA CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza 1 0
VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 1 0
TOTAL 15 37 1

 

Vacinación

Ademais, o Sergas informa que durante esta fin de semana o Hospital Virxe da Xunqueira administrou máis de 1.100 vacinas de Pfizer.

No centro hospitalario hai 2 ingresados con covid.

Máis novas sobre o covid