Venres. 19.04.2024
El tiempo

Coronavirus: O Sergas realizará mañá un cribado en Vimianzo ante o repunte de casos

Captura de pantalla 2021-04-23 a la(s) 13.49.50
Datos do coronavirus na Costa da Morte a 22 de abril de 2021
Coronavirus: O Sergas realizará mañá un cribado en Vimianzo ante o repunte de casos
Semella o lixeiro repunte que notabamos a comezos de semana está indo a máis. Hoxe son xa 119 novos casos os rexistrados nos últimos 14 días nos 19 Concellos da Costa da Morte, 50 máis que hai apenas 10 días. A incidencia, sobe de 50 aos 90 novos casos por cada 100.000 habitantes na última semana, con especial atención a Carballo (con 35 casos activos, 16 máis que antonte), A Laracha ou Vimianzo.

Precisamente, o Sergas pon o foco en Vimianzo anunciando un cribado para este sábado día 24 de abril, na capital soneirán. Será un cribado poblacional mediante test PCR aos veciños de entre 40 e 50 anos. Realizarase no Centro de Saúde de Vimianzo, e os veciños convocados (930 aprox.), serán citados mediante mensaxe SMS nos seus teléfonos móbiles en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Máis novas sobre o covid

Comentarios