Martes. 11.05.2021
El tiempo

COVID: Coristanco sube este venres ao nivel alto de restricións

Bar Verxel de Coristanco
COVID: Coristanco sube este venres ao nivel alto de restricións

Trala subida de Carnota, o Sergas vén de informar este mércores que o Concello de Coristanco tamén se suma aos concellos en nivel alto de restricións. A partir deste venres, os establecimentos só poderán abrir as terrazas, e cun máximo de 4 persoas por mesa.

A decisión tómase tralo aumento dos casos nos últimos días, con 11 novos casos rexistrados na última semana e 13 nos últimos 14 días, o que provoca unha taxa de incidencia acumulada a 14 días de 214 casos por cada 110.000 habitantes, a máis alta de toda a comarca.

Máis novas sobre o covid

comentarios