Martes. 11.05.2021
El tiempo

COVID: O Sergas prepara outro cribado no IES da Laracha ante o repunte de casos en toda a comarca

Evolución Covid Costa da Morte abril 2021
Nótase un lixeiro repunte na gráfica de incidencia do COVID nas comarcas da Costa da Morte
COVID: O Sergas prepara outro cribado no IES da Laracha ante o repunte de casos en toda a comarca

Á espera dos datos dos cribados de Vimianzo, Carnota e Carballo, e ante o repunte das cifras na Costa da Morte, o Sergas fará un novo cribado poblacional no IES Agra de Leboris, no Concello de A Laracha (desenvolverase este xoves entre 387 [email protected] de 1º, 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato).

De feito, volve preocupar a situación nos centros de ensino. Manténdonos moi lonxe aínda das cifras de finais de xaneiro (cando se chegaron aos 150 casos en máis de 45 centros) as cifras amosan un lixeiro aumento, duplicándose a incidencia na última semana. Pasamos de 9 casos en 6 centros a 23 casos (e unha aula pechada) en 12 centros só na última semana.

Concello Centro Total
Positivos
Aulas
Pechadas
A LARACHA CEIP Caión 1 0
A LARACHA IES Agra Leborís 4 0
A LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 1 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 2 0
CARBALLO CPR Plurilingüe Artai 1 0
CARBALLO IES Isidro Parga Pondal 4 0
CARNOTA IES Lamas de Castelo 2 1
CARNOTA CEIP Plurilingüe de Carnota 4 0
CEE IES Agra de Raíces 1 0
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 1 0
MAZARICOS CPI Plurilingüe da Picota 1 0
VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 1 0
TOTAL 12 23 1
 

En termos globais, o repunte sitúanos nunha taxa aproximada de incidencia acumulada nos últimos 14 días de 86 novos casos por cada 100.000 habitantes, lonxe dos 250 que hai no resto do estado.

Mentres Carballo, Coristanco e A Laracha volven amosar as cifras máis altas en termos absolutos (que non en incidencia). Polo lado contrario, Cabana, Ponteceso, Camariñas, Zas, Mazaricos, Fisterra e Muxía mantéñense sen novos positivos nos últimos 14 días.

Máis novas sobre o covid

comentarios