Venres. 07.05.2021
El tiempo

COVID: Lixeiro repunte na comarca

Evolucion Covid Costa da Morte Concellos abril 2021
Evolución da COVID na Costa da Morte.
COVID: Lixeiro repunte na comarca

Rompeuse a tendencia á baixa na comarca. Tras case un mes en datos mínimos, os datos de onte reflicten un lixeiro repunte cara arriba, aínda que non semella para acender as alarmas. Hai 15 días rexistrábanse apenas 65 novos casos nos últimos 14 días, hoxe son 89.
A día de hoxe a taxa aproximada de incidencia media dos 19 Concellos da Costa da Morte sitúase en 68 casos por cada 100.000 habitantes, aínda moi lonxe da media estatal en 230 casos por cada 100.000 habitantes.

Só quedan Ponteceso, Camariñas e Corcubión sen novos casos nos últimos 14 días. A eses habería que sumarlle os que non teñen novos casos na última semana (Muxía, Fisterra, Santa Comba, Mazaricos, Ponteceso, Malpica e Cabana).

Datos Covid Costa da Morte Concellos abril 2021

Nas Aulas

Tralos datos mínimos marcados a comezos deste mes, tamén o ensino sofre un lixeiro repunte. A semana pasada había un só caso en todos os centros costeiros. Hoxe son 9 casos en 6 centros, sendo os máis afectados os concellos da Laracha e Carballo.

Concello Centro Total
Positivos
Aulas
Pechadas
A LARACHA IES Agra Leborís 3 0
A LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 1 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 1 0
CARBALLO CPR Plurilingüe Artai 2 0
CARNOTA IES Lamas de Castelo 1 0
MAZARICOS CPI Plurilingüe da Picota 1 0
TOTAL 6 9 0

Máis novas sobre o covid

comentarios