COVID: Os maiores de 80 anos da comarca xa reciben a segunda dose
Unha nova semana superada cunhas cifras moi baixas na Costa da Morte. A Costa da Morte baixa a unha taxa de incidencia acumulada a 14 días de 65 casos por cada 100.000 habitantes.
Só Vimianzo e A Laracha cambiaron a tendencia, subindo lixeiramente o seu número de casos. Na Laracha, con 16 novos casos nos últimos 14 días (a cifra máxima da bisbarra) a incidencia sitúase en 141.
As boas novas ademais chegan aos centros de saúde e o Hospital Virxe da Xunqueira (onde por certo xa van varias semanas sen un só ingresado por COVID), onde xa están aplicando a segunda dosis da vacina Pfizer aos maiores de 80 anos. Esta semana volverán a aplicar a de Astrazeneca.
Mínimos nos centros de ensino
Nos centros de ensino o impacto segue a ser mínimo. Cos datos do pasado venres 19, temos 9 positivos en só 6 centros eduvaticos, e ningunha aula pechada: