A Xunta excusa no Goberno Central e a AP9 a súa falta de compromiso para eliminar a peaxe na AG55

Nin unha palabra da AG55 tivo a Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, á pregunta que lle fixo o portavoz socialista de infraestruturas, Carlos López Font, no Pleno do Parlamento de onte. Font preguntoulle hoxe no pleno ao Goberno galego “cando pensa iniciar as accións necesarias para conseguir a eliminación das peaxes” da AG-55 (A Coruña-Carballo) e na AG-57 (Puxeiros-Val Miñor), como xa fixera coas autoestradas do Salnés, Barbanza, Ourense - Celanova e Santiago-Brión.
Pero nas dúas intervencións que tivo a Conselleira no Pleno do Parlamento, e Martínez Allegue esqueceu responder polas peaxes preguntadas e non mencionou as citadas vías, senón que se limitou a falar da AP9 e do goberno central, aportando como único argumento relacionado coas nosas vías o das bonificacións.
Font lembrou que os galegos as peaxes nas dúas estradas estatais (a AP9 entre elas) “porque Aznar ampliou a concesión 25 anos, ata o 2048”. e lembrou que o estado comezou en 2021 o camiño para eliminar as peaxes da AP-9 e a AP-53. Nese sentido, tildou de “hipócrita” o discurso do PP sobre as autoestradas: “regalaron 300 millóns ás construtoras rescatando catro autovías polas que non se pagaban peaxes en vez de empregalos en favorecer a economía dos galegos e galegas, como fai o Estado”, censurou o socialista.