Cruz Vermella Terra de Soneira continúa sensibilizando á mocidade da comarca en educación sexual e drogas


266 mozos e mozas dos centros educativos de Vimianzo, Ponte do Porto e Carnota tiveron a sorte de recibir a visita da Cruz Vermella Terra de Soneira para desenvolver uns imprescindibles talleres de Educación Sexual e sobre drogas. Uns talleres, que constan de 4 sesións, desenvoltos por equipo de voluntarios, que tratan entre outros contidos, dos métodos anticonceptivos e das ITS, incidindo na importancia do uso do preservativo para evitar posibles embarazos non desexados ou o contaxio de enfermidades de transmisión sexual.
Nas vindeiras semanas impartirá, tamén no IES Terra de Soneira, talleres sobre drogas nas clases de 3º ESO. Neste caso, e tamén cunha duración de catro sesións, o voluntariado explicará as causas dos inicios dos consumos e tipos de drogas, centrándose nos riscos e consecuencias da consumición de substancias como alcohol, tabaco, cannabis, cocaína...
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/cruz-vermella-leva-temas-de-educacion-sexual-e-prevencion-de-drogas-as-escolas-da-bisbarra/- “Ata que non teñamos claro que a prostitución, así como a explotación e trata sexual, son violencia de xénero, non avanzaremos na concienciación social”.
- https://quepasanacosta.gal/os-reclusos-tenen-menos-prexuizos-coa-orientacion-sexual-que-moitos-companeiros-funcionarios-de-prisions/>“Os reclusos teñen menos prexuízos coa miña orientación sexual ca moitos compañeiros funcionarios de prisións”.
- Pablo San José: “Eu son un mozo transexual e vou á miña aldea como pode ir o meu primo, que tamén é un rapaz”.
- “Cambiaría moito a cousa que a xente fose saíndo do armario”.