Venres. 19.07.2024
El tiempo

Da incidencia da internet na política da Costa da Morte

Da incidencia da internet na política da Costa da Morte

Xa falamos de como o Facebook está inmerso no Fútbol da Costa. Hoxe botamos unha ollada á política.

Chegan os comicios de maio e nacen ducias de novos perfís de Facebook e Twitter (no Tuenti non hai apenas presencia perdendo unha opotunidade única de chegar á mocidade da bisbarra, que usa esta rede social por riba do resto). Nace tamén novos blogs dos partidos politicos da bisbarra. Así e todo, podemos catalogar a incidencia da internet na vida política costeira como frouxa.

A rede é cada vez máis un escaparate inmellorable para publicitar e para achegarse á veciñanza. Escaparate que non todos vén como algo real, pero só aqueles cunha mirada demasiado curta non se decatan de que milleiros de veciños da Costa da Morte utilizan xa a día de hoxe a internet para informarse.

Frouxa incidencia da rede política

E calificamos de frouxa a presencia política na rede por varios motivos. Boa parte dos partidos non teñen ningún espazo, e os que se acaban de apuntar á internet, chegaron tarde para estes comicios e ademais non os utilizan correctamente. Ademais, boa parte destes espazos de Facebook non están moi activos. I é que parece que ao ser gratuito crear un perfil no Facebook, vale sinxelamente con crealo e xa está. A falta de asesoramento de especialistas é clara, e fai que non lles saquen o beneficio que poderían. A necesidade de asesorarse para sacarlle rendemento á rede aínda non é unha prioridade.

A oposición máis sumerxida

Como non pode ser doutro xeito, a oposición é a que máis se move en materia de promoción a través da rede. Notamos como o BNG, a través das dúas delegacións na Costa da Morte e mais en Bergantiños, preocupouse de que os seus candidatos contasen cun espazo propio na web do partido. Un bo exemplo é que teñen espazos comarcais, como a Web do BNG de Bergantiños ou os vídeos de campaña.
Con todo, parece que o partido confía en demasía nas súas propias forzas. I é a necesidade de promocionarse noutros lugares da rede sería fundamental para darlle visibilidade máis alá dos seus simpatizantes.

Non queda á zaga o PSOE que tamén se amosa moi activo tanto na blogosfera como no Facebook. Nas últimas semanas foron moitos os partidos que se adheriron á rede, sobre todo ao Facebook. O problema é que a chegada en boa parte deles pode ser demasiado tarde para que teña un efecto nestas municipais. Haberá que ver como coidan estes espazos ao remate dos comicios.

Pola contra, o PP só conta con espazos en 7 dos 15 concellos da bisbarra, pero só son os de Ponteceso e Vimianzo os que os usan correctamente.

Baleiros e enchentas na rede

Concellos como o de Cabana, Dumbría, Muxía, Zas ou Camariñas están perdidos na internet. É incomprensible como nunha vila cunha enorme rede submariña como é Camariñas non ferva a rede electoral. O único que atopamos é a aposta pola difusión do seu programa pola rede é o PSOE, onde Marisol Soneira cun facebook persoal, e a web e o facebook da web do partido é xa unha referencia. En Cabana e Muxía só atopamos unha recente incorporación do PSOE, mentres que en Dumbría só é o BNG o presente.

Pola contra, outros concellos como Ponteceso e Vimianzo parece que si que cren na rede. Todos os partidos teñen os seus espacios, malia que uns a utilicen, e lle sacan partido, máis ca outros.

Quen coida os espazos na rede?

Preguntando atopamos que moitos dos perfís de facebook dos partidos son coordinados polos membros máis novos dos partidos. Mozos e mozas que en moitos casos viven fóra da bisbarra, demostrando que a emigración dos nosos mellores efectivos é unha realidade. Así, dinamizando as redes e creando contidos dixitais aportan o seu gran de area na campaña.

Concello a Concello

Poden ollar todos os espacios da rede política da Costa da Morte en www.eleccionscostadamorte.com.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios