![Foto Juan Mayo]()
Foto de Juan Mayo
![nomes galegos]()
Mateo e Noa foron os nomes máis frecuentes entre os recén nacidos no 2015
Ser orixinal á hora de escoller o nome dun fillo ou filla resulta cada vez máis complicado. Durante o ano pasado, os nomes máis populares entre os recén nados en Galicia foron
Mateo - que encabeza o ranking con 166 bebés nacidos o ano pasado que recibiron este nome -
, Hugo e Martín - para os nenos - e
Noa (113), Sofía (112) e Martina (110) - para as nenas -. Así se desprende dos datos publicados recentemente polo Instituto Galego de Estatística (IGE).
Na lista dos 50 nomes masculinos máis usados durante o ano pasado tamén se atopan nomes clásicos Pablo - que ocupou o primeiro posto durante anos - ou Manuel (80) e outros de orixe galega como Anxo (55), Antón (44) ou Lois (36). Tampouco faltan os Izan (65), Iker (38), Oliver (24) ou Dylan (22).
Nas nenas tamén siguen de moda nomes como Lucía, Daniela ou Vera. Siguen sendo entre os 50 máis usados Carmen (75), María (49) e Candela (42). Entre os nomes de orixe galega, os máis frecuentes son Uxía (45) e Sabela (42).
Estes nomes demostran o cambio de tendencia nos últimos anos se os contrastamos cos do último padrón do Instituto Nacional de Estadística - INE - do ano 2011, nos que se desprendría que Antonio (765.138) e María del Carmen (681.108) son os nomes máis frecuentes entre os españois.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- IGE