De marcha pola seca Vía Alcaianus con Senda Nova


Arrincou esta pasada fin de semana a 6ª edición do programa Outono en Marcha de Senda Nova. Fixoo coa primeira das 6 andainas previstas, na que unhas 40 persoas disfrutaron da Via Alcaianus, a antiga vía romana chamada “per loca marítima” do século I que une a localidade de Alcaián, en Coristanco, con Carballo.

O punto de partida foi esa absolutamente seca lagoa de Alcaián, que dá conta da importante seca que estamos sufrindo. Un bo momento para comprobar a lenda sobre a propia lagoa que conta que nela estaba afundida a aldea de Alcaián como castigo por non darlle pousada a Xesucristo e a san Pedro.
Paradas coma esta tiveron lugar no castro de Arixó (ou das Croas, ou de Puga), o Pazo de Arixón, a ponte Lubiáns (medieval), ou Cernide, a aldea natal da capital de Bergantiños.

Escola Ambiental
Ademais de andar e contar, Senda Nova comeza este sábado 4 de novembro a Escola Ambiental, achegando ata o mes de xuño moito saber natural aos pequenos, cada fin de semana.
O vindeiro sábado día 4 de novembro ás 11:00h no Espazo da Natureza de Oza, terá lugar a presentación cos máis de 25 rapaces. Dende sesións de aula, roteiros interpretativos a pe, obradoiros de rastreo, actividades ornitolóxicas, e todo tipo de dinámicas para descubrir tesouros que temos ao lado da casa.
Novas relacionadas
- Senda Nova une o cine ás camiñadas na 6º edición Outono en Marcha.
- A Escola Ambiental de Senda Nova achegará aos nenos carballeses á natureza de novembro a xuño.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).