Denuncian a ilegalidade dun garaxe e un almacén dunha casa en Coristanco


Unha veciña de Coristanco presentaba en 2014 unha denuncia contra José Manuel e Juan Macario Martínez Pena, como autores dunha presunta ilegalidade urbanística. Unha circustancia que leva paralizada máis de 2 anos, e que pode acabar incorrindo nun posible delito de prevaricación.
Así o entende a denunciante, que lembra que enviou sucesivos escritos en 2015, 2016 e 2017, e que se ben puido acceder ao expediente non se lle ten notificado actuación algunha.
De feito, parece ser que o expediente a Juan Macario Martínez Pena está sen tramitar. Caso diferente é o dun garaxe e almacén de leña de José Manuel Martínez Pena, situado na Rúa do Muíño 33, sobre o que hai unha sentenza que denega a solicitude de legalización presentada polo denunciado do 7 de xullo de 2016. Teñen pasado xa dous anos dende a primeira resolución pero nada se ten realizado.
Por iso, vén de enviar un novo escrito ao Concello, dirixido ao alcalde Abraham Gerpe, no que pide que se cumpla o acordado nesa sesión de xullo de 2016 na que se resolveu denegar a legalización do garaxe e almacén, e tramitar así o expediente de reposición da legalidade e sancionador. Pide ademais que se dea impuso ao expediente aberto ao outro denunciado, Juan Macario, “xa que do contrario estaríase incurrindo en posible delito de prevaricación”.