Luns. 07.10.2024
El tiempo

Denuncian o financiamento público dos parques eólicos de Greenalia

Eolico Alto da Croa de Greenalia en Vimianzo
Imaxe do Parque eólico de Greenalia Alto da Croa
Denuncian o financiamento público dos parques eólicos de Greenalia

A semana pasada a empresa Greenalia (protagonista dun perfecto exemplo de porta xiratoria coa fichaxe apenas dous meses despois de deixar a Consellería de Medio Ambiente e posterior entrada no Consello de Administración da empresa) a finalización, tras 12 meses de traballo, da construción dos parques eólicos de Monte Tourado (Vimianzo), Alto da Croa (Vimianzo) e Croa II (Vimianzo e Dumbría). Un total de 8 aereoxeneradores de máis de 150 metros de altura (como un edificio de 40 pisos) que entre as tres suman un total de 28 MW.

Parques que forman pare do Proxecto Eolo I (Viento), para cuia construción e empresa contaría con axudas públicas, segundo denuncian entidades como a Asoc. ambiental Petón do Lobo, Plataforma As Salgueiras, Plataforma Quijote de Outes, Cova Crea ou O Ouriol do Anllóns, está a ser subvencionada pola Xunta de Galicia. Segundo estas entidades a Xunta financiaría a través do Banco Europeo de Inversións (BEI) os parques eólicos de Greenalia na Costa da Morte a pesar do nulo retorno social destes proxectos.

As entidades piden transparencia á Xunta mentres lembran que foron 128 millóns os outorgados polo BEI, tamén relativos á construcións do megaparque fragmentado do Campelo, Bustelo, Toural en Carballo, Coristanco e Santa Comba. Unha fragmentación irregular que impediu á cidadanía participar na avalización global do impacto ambiental da infraestrutura conxunta, pero que non evitou o financiamento público.

Cómpre lembrar que falamos de proxectos herdados que foron presentados en 2010, e recuperados pola Xunta en plena pandemia como “Proxectos de Epecial Interese Industrial” para reducir prazos, algúns como o de Monte da Croa, cunha Declaración Ambiental aprobada en 2010, en proceso de tramitación este mesmo 2021, sen que constara a prórroga de efectos do documento ambiental e con visos de caducidade deste.

Analizando todos estes datos, as entidades ambientais “cuestionan a viabilidade económico –financieira dos parques que se puideron beneficiar tanto de diñeiro público europeo como das prerrogativas que lle outorga a normativa vixente, á medida das promotoras eólicas, como a expropiación forzosa a prezos de saldo e a prevalencia do uso eólico”.

Novas sobre os EÓLICOS

Comentarios