Martes. 08.10.2024
El tiempo

Denuncian a posible corrupción trala fragmentación fraudulenta dos parques eólicos de Vimianzo e Dumbría

greenalia-parque-eolico-minon
Imaxe da construción do Parque Eólico de Miñón o ano pasado
Denuncian a posible corrupción trala fragmentación fraudulenta dos parques eólicos de Vimianzo e Dumbría

Levan tempo denunciando os colectivos conservacionistas a fragmentación irregular do mega-proxecto eólico de Campelo, Bustelo e Toural para salvar así as directrices medioambientais. Hoxe, as entidades Asociación ambiental Petón do Lobo, Asociación galega Cova Crea e Asociación “O Ouriol” do Anllóns lanzan unha denuncia pública sobre a “posible corrupción tras a fragmentación eólica fraudulenta dos parques eólicos Alto da Croa, Alto da Croa II e monte Tourado, para evitar a avaliación global dos impactos ambientais e abaratar custos ao compartir infraestruturas comúns”.

Para a entidade, estes 3 parques situados entre Vimianzo e Dumbría e promovidos por Greenalia (empresa na que traballa a ex conselleira popular Beatriz Mato e que ten 7 proxectos eólicos só na nosa comarca, trala posta en marcha o pasado ano do parque de Miñón, en Vimianzo), en realidade é só un pois “comparten infraestruturas comúns como o centro de seccionamento (CS), liñas de evacuación, camiños e gábeas de cableado”.

As entidades denuncian o parque éolico Alto da Croa e o parque eólico Tourado foron declarados de interese especial por Acordo do 6 de setembro de 2018 do Consello da Xunta de Galicia. Porén o parque eólico Alto da Croa foi aprobado definitivamente no ano 2020 en base a unha Declaración de impacto ambiental desfasada e obsoleta formulada no ano 2010 e tras unha modificación do proxecto sectorial na que se obviou a información pública.

Infraestruturas únicas

”A Declaración de impacto ambiental do proxecto eólico Alto da Croa II admite que a evacuación da enerxía producida no parque, efectuarase a través do seu centro de seccionamento (CS), que tamén será o punto de conexión para a evacuación da enerxía xerada noutros parques eólicos do citado promotor (PE Alto da Croa e Pe Monte Tourado). Desde o dito CS a enerxía será evacuada de maneira conxunta mediante unha liña en 30 kV soterrada (tamén incluída no proxecto do PE Alto da Croa II) ata a Subestación Colectora Regoelle 20 -66/220 kV, na que tamén confluirá a evacuación doutros parques eólicos e que forma parte dun expediente que conta con DIA formulada o 17/10/2018”, explican as entidades.

Sinalan ademais que se “escavarán uns 4.416 m de gabias para soterrar o cableado de media tensión e de comunicacións que conectará os aeroxeradores co CS

Novas sobre os eólicos

Comentarios