#aunicaquimica: a campaña da Deputación para disfrutar unhas festas en igualdade
A campaña xoga cos elementos químicos, reivindicando que a única química posible nas relacións está baseada na igualdade, o consentimento e a atracción mutua, e, en definitiva, no desexo entre as partes implicadas.
Unha campaña dirixida aos agresores, non ás vítimas como a última e políca campaña da Xunta polo 25N.
“Nunha época coma o Nadal, chea de festas e saídas nocturnas, é máis importante que nunca fomentar as relacións en igualdade e ocupar os espazos de lecer desde unha óptica de seguridade e diversión para todas as persoas” asegura María Muíño a respecto da idea que fundamenta esta acción.
A creatividade de #aunicaquimicaposible foi deseñada por Iria Otero e Marián Rodríguez da axencia As Peaky Branders e conta coa supervisión e asesoría en perspectiva de xénero de María Reimóndez.