Detido en Santa Comba un veterinario venezolano por transportar droga en cachorros de can
O tráfico de drogas cada vez se supera. Desta volta, tócanos falar de transporte de heroína líquida desde Colombia ata Estados Unidos mediante implantes que colocaba a cachorros de can que posteriormente enviaba como mascotas a este país.
O protagonista da trama era un veterinario de nacionalidade venezolana, Andrés L.E. de 33 anos, afincado en Santa Comba, onde a Garda Civil o detiña onte no transcurso da operación PUPPIES. O detido estaba reclamado por Estados Unidos a efectos extradición por un suposto delito de tráfico de drogas.
A historia remóntase a 2005, cando a policía colombiana realizaba nun rexistro nunha clínica rexentada polo agora detido en Medellín (Colombia), acháronse tres cachorros que portaban no interior do seu organismo 3 quilos de heroína.
Por estes feitos, Andrés L.P. foi detido en decembro de 2013 en España, aínda que, posteriormente foi posto en liberdade ata a resolución do proceso de extradición.
Cando a Audiencia Nacional autorizou a extradición a EE.UU., esta persoa, que fixara a súa residencia en Lugo, abandonou a mesma; polo que a Garda Civil inicio unha operación para dar co seu novo paradero.
Tras establecer un dispositivo de procura, os axentes detivérono cando saía dun piso no que se ocultou na localidade de Santa Comba.
Para evitar ser localizado polas Forzas e Corpos de Seguridade, durante o tempo que permaneceu oculto neste domicilio, o requisitoriado non mantivo ningún tipo de comunicación nin coa súa muller nin cos seus fillos.
A operación foi levada a cabo por axentes pertencentes ao Equipo de Fuxidos da Xustiza da Unidade Central Operativa (UCO), á Unidade Orgánica de Policía Xudicial (UOPJ) e da Comandancia da Garda Civil de Lugo.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2015: Detidos 11 narcotraficantes implicados no tiroteo de Muxía.
- 14-08-13: Operación Espada: Desarticulada unha nova rede de venda de drogas en Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).