Detido un veciño de Carballo por roubar cobre en trece ocasión
20:20 15/06/15
Un veciño de Carballo, de 29 anos de idade, foi detido esta mañá pola Garda Civil. Os axentes impútano de trece delitos de roubo de cable de cobre do tendido telefónico. Segundo un comunicado da benemérita, os feitos aconteceron durante os últimos meses nas localidades de Carballo e Coristanco.
Os gardas civís recuperaron 300 metros de cable sustraído durante un rexistro que fixeron na casa do agora detido. Tamén se incautaron de diversas ferramentas e obxectos empregados para poder realizar os delitos.
Os feitos están agora nas mans do Xulgado de garda carballés.