Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Diana Nogueira: “A beleza máis salvaxe e única, así definiría a Costa da Morte”

Diana Nogueira perdida pola Costa da Morte
Diana Nogueira perdida pola Costa da Morte
Diana Nogueira: “A beleza máis salvaxe e única, así definiría a Costa da Morte”

Se falamos de beleza na nosa Galicia, esa ten un nome propio, Diana Nogueira, que foi capaz de levar o noso país a unha posición de privilexio no universo (foi segunda dama de honra no certame de Miss Universo 1999). Actriz, modelo, presentadora de televisión… falamos con ela recordamos esos momentos e descubrímola un pouco máis.

 
  • A.G.: Quen foi esa persoa que te encamiñou o mundo da modelaxe?

Unha compañeira e amiga do instituto, ela quería ser modelo e comentoume que quería facer un curso intensivo de modelo nunha axencia pero que lle daba moita vergoña ir soa e que se me animaba a ir con ela. Eu comenteillo ao meu pai que e díxome “pois faino ti e a túa irmá que non está de máis que aprendades a camiñar dereitas”, jajajaja.

 
  • A.G.: Tiveches a honra de representar a Galicia en Miss España 1999 quedando finalista. Como foi a experiencia?

Moi boa, recordo que foi en Xaén e ademais de facer novas amizades coas compañeiras do concurso, tivemos a oportunidade de coñecer o parque natural da Serra de Cazorla. Doutra banda, recordo que a Gala, presentada por Paula Vázquez, resultou un éxito de audiencia. Eu vinme encantada da experiencia e cun premio especial debaixo do brazo, patrocinado por unha marca de medias.

 
  • A.G.: A gañadora foi Lorena Bernal, unha das últimas gran coñecidas, porque o certamen de ser un reclamo nacional foi disminuindo a súa visibilidade, a que crees que se debe?

Supoño que a pouca trasparencia nalgúns aspectos debilitouna nalgún momento, pero sobre todo creo que foi pola propia evolución natural, ou as cousas adáptanse aos novos tempos ou acaban quedando desfasadas. Foi un concurso que empezou en 1960 e chegou ata o 2008, non está nada mal, non?

 
  • A.G.: Pero para Miss Universo foches ti a encargada de representar a España, e cunha gran participación.

Si, a vida dáche sorpresas… Eu estaba a traballar en Portugal cando recibín unha chamada da organización para comentarme que, por distintas razóns, as miñas compañeiras gañadoras non podían ir a Miss Universo e que, por orde, eu quedara cuarta finalista (eu nin o sabía) e que se quería ir. Por suposto nin o dubidei, simplemente pregunteilles onde estaba a illa á que me ía (Trinidad-Tobago) e que non tiña nin pasaporte… deulles a risa.

 Diana Nogueira da TVG en QPC
  • A.G.: Por mor da pandemia tiveches que pospoñer un proxecto que tiñas en mente, de que se trata?

Si, tiña todo listo para abrir un estudo para ensinar a mulleres e homes a introducirse no mundo da moda, abarcando pasarela, fotografía e publicidade. O proxecto segue nos meus plans, pero agora toca darlle unha volta e adaptalo a esta nova situación que vivimos todos. En breve, retomareino.

 
  • A.G.: Casos como pasou en Navarra, sobre un xerente de axencia que grababa sin permiso as modelos, fan moito daño a profesión, desconfianza tamen nos pais en ceder as menores non?

Dáme moita rabia cada vez que escoito algunha noticia dese tipo. Xente mala, por desgraza, hai en todas as profesións, pero esta a o tratarse de traballo moitas veces con menores ou nenos hai que ter especial coidado. O meu consello é rotundo, o menor sempre, sempre ten que ir acompañado por algún dos seus pais ou familiar. No caso de traballar a través dunha axencia, xa se encargan eles deste tipo de cousas e todo está máis controlado.

 
  • A.G.: Que opinión tes sobre algún sector do femenismo, onde miran con lupa o traballo de modelos como azafatas en eventos deportivos?

Creo que unha muller está no seu dereito de traballar no que queira e vestir como queira. Outra cousa é que estea obrigada por algunha razón e se sinta nun estado moi vulnerable para negarse, se ese é o caso hai que protexelas do abuso.

 
  • A.G.: Ademais de modelo, eres actriz e presentadora, en que rexistro estás máis cómoda e que che aportan as outras?

Nas tres facetas síntome moi cómoda e gózoas moito. Son moi diferentes, pero á vez retroaliméntanse e isto axudoume ao longo da miña carreira. Tanto o traballo de actriz como de presentadora achegoume moito á xente. Como actriz méteche na pel doutros personaxes e ábreche a mente moitísimo e como presentadora facer compañía e sacarlle un sorriso a moita xente alén da pantalla é algo marabilloso.

 
  • A.G.: Como actriz cal e o papel que mais che gustou interpretar, e cal e ese que soñas con facelo algún día?

Sen dúbida, Deli Cebrián en Libro de Familia. Entrou aos poucos e foise quedando e foron moitos anos crecendo como actriz grazas a ese personaxe, que, por certo, pasoulle de todo, jajaja. Non soño cun personaxe en concreto, a verdade. Darlle credibilidade a calquera novo personaxe é todo un reto e iso é o fascinante para min como actriz.

 
  • A.G.: De presentadora o último programa que dirixiches foi “Desmontando Galicia”, e viñechedes facer un reportaxe á Costa da Morte. Que descubriches da nosa zona?

A beleza máis salvaxe e única, así definiría a Costa da Morte. Efectivamente estivemos o equipo de Desmontando descubrindo algún dos tesouros que posuídes e dos cales eu, que algúns non os coñecía, quedei namorada. Porfundizar na historia do Cabo Vilán, do Castro de Borneo, do Castelo de Vimianzo…. descubrir a impresionante fervenza do Ézaro, o Dolme de Dombate que foi ergueito hai 6.000 anos e por non falar dos barcos e submarinos que están baixo o mar… Canto por descubrir ten a Costa da Morte!!
Por certo, en breve comenzamos a gravar novos programas de “Desmontado Galicia” que estou segura que vos encantarán.

Entrevistas semellantes

Comentarios