Martes. 19.03.2019
El tiempo

Dimite o alcalde de Santa Comba

Dimite o alcalde de Santa Comba
Antonio Landeira presentou dimision como alcalde de Santa Comba

Vén salpicada a fin de semana por unha nova que colle de sorpresa á comunidade política. O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo, do PP, vén de presentar a súa dimisión por “motivos persoais”, se ben deixa un recado aos políticos imputados en procesos xudiciais, invitándoos a dimitir.

Uns motivos persoais que segundo El Ideal Gallego, "non son outros que os de dar positivo nun control de alcolemia a pasada noite do xoves".

Os comentarios de ánimo que lle brindan os veciños a través das redes sociais poden dar conta da sensación de desazón que sente estes días a veciñanza xalleira.

Esta foi a carta coa que se despedía do seu posto, e de seguido a que enviaban as Novas Xeracións de Santa Comba:

Carta do alcalde de Santa Comba

Debido a motivos persoais e despois de consensualo co meu equipo de goberno e coa miña familia, comunico que desde hoxe deixo o meu posto como alcalde e candidato a alcaldía do concello de Santa Comba.

Quero agradecer a confianza e a comprensión dos veciños,durante uns anos,nos que foi un orgullo para mín ser o Alcalde de Santa Comba. Marcho coa satisfacción de que puxen todo o meu esforzo en defender os intereses xerais dos veciños do pobo e en traballar polo beneficio común de Santa Comba.

Aínda que o motivo da miña renuncia non ten nada que ver coa xestión política, gustaríame que tódolos políticos que están imputados en procesos xudiciais actuaran con coherencia e nun xesto de hixiene democrática optaran por renunciar inmediatamente ós seus cargos.

  • Antonio Landeira Gallardo.

Carta de NNXX Santa Comba

Ante a dimisión do noso alcalde e candidato á alcaldía: Antonio Manuel Landeira Gallardo, Novas Xeracións de Santa Comba quere manifestar o seu apoio total hacia a súa persoa nestes momentos tan difíciles. Lamentamos a súa marcha e valoramos de xeito extraordinario o traballo desenvolvido a favor dos intereses do Concello durante os tres anos no goberno. En particular a súa especial dedicación en prol dos mozos e mozas de Santa Comba, impulsando a participación xuvenil.
Do mesmo xeito, queremos salientar a importancia na creación da nosa formación, sendo o principal valedor das nosas propostas e iniciativas. A súa dedicación, compromiso e próximidade cos cidadáns será de seguro recordada polos nosos veciños, xa que, a parte de Ó Alcalde de Santa Comba era ““Amigo do Pobo””
Respetamos a súa decisión e desexamos que este paso sexa entendido pola sociedade.

Fonte

Comentarios