Luns. 07.10.2024
El tiempo

Dous detidos e dez imputados por roubos en vivendas da Costa da Morte

Dous detidos e dez imputados por roubos en vivendas da Costa da Morte
Axentes da Garda Civil de Corcubión e Vimianzo detiveron na pasada fin de semana a dúas personas e imputaron a outras dez como supostos autores de roubos en vivendas na Costa da Morte. Segundo apuntan as investigacións, con estas detencións desmantelaríase unha banda responsable de máis dunha decena de roubos. Os detidos e imputados son veciños de Cee, Dumbría, Outes e Rianxo. Supostamente os dous detidos como principais sospeitosos asaltaban as vivendas e talleres da comarca para sustraer diversos obxetos que despois repartían co resto de sospeitosos para vendelo. Televisores de plasma, un motor fora borda, unha embarcación de fibra e diferentes ferramentas, foron recuperados polos axentes que participaron na operación. O valor estimado destes obxetos ronda os sete mil euros.

Comentarios