Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte, abatida tras cerciorar a sucesión de dous suicidios nun día

Operativo de busca do baies no porto de Laxe-foto-Vitor de Mira
Operativo de busca do baies no porto de Laxe-foto-Vitor de Mira
A Costa da Morte, abatida tras cerciorar a sucesión de dous suicidios nun día

Co rescate este domingo do coche e o corpo dentro do baiés desapacido o pasado día 10, confírmase así a triste realidade da doble consecución de sendos suicidios nun mesmo día na comarca.

Aquela mañá do mesmo xoves 10, saltaba a alarma da desaparición dun home de Pazos (Ponteceso), tamén de mediana idade, moi coñecido pola zona. Un home moi sociable, dos que fala con todo o mundo, dos que parece que leva a vida sen dificultades a pesar de levar tempo no paro. Sorprendía a toda a parroquia ao aparecer aforcado nun alpendre preto da súa vivenda.

O baiés desaparecía ás 6:00h cunha serie de whastapp que facían pensar no peor, e xa non acodía ao seu posto de traballo como repartidor de carne por toda a comarca. Houbo varias xornadas de busca e foi atopado 9 días despois no porto laxense, onde se lanzou co seu vehículo.

Poucos achegados pensaban, en ambos casos, que poderían chegar a isto, pero a realidade por dentro en xeral, e nestes tempos de pandemia, é moi distinta.

As cifras

Segundo informa a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia FEAFES, en Galicia no ano 2018, houbo un total de 274 suicidios (192 homes e 82 mulleres), sendo as provincias con maior taxa de incidencia Lugo (11 por cada 100.000) e A Coruña (10 por cada 100.000) onde se rexistraron 125 mortes (88 homes e 37 mulleres), máis dun suicidio cada 3 días.
A nivel mundial, o suicidio provoca 800.000 mortes anuais, e afecta a estados de diferentes condicións socioeconómicas e culturais.

A entidade xa nos invitaba o pasado ano a sentarnos a falar do suicidio, un temá tabú na media estatal dende hai demasiados anos. Dende as entidades sociais valoran a necesidade de afrontar esta problemática cara a cara.

Así o fai a FEAFES, por exemplo, na comarca de Ordes da man do colectivo Andaina PSM, desenvolvendo unha serie de sesións formativas dirixidas tanto a profesionais de servizos sociais, sanitarios, do eido educativo, dos corpos de emerxencias e coa implicación dos medios de comunicación presentes na Comarca. Unhas xornadas nas que tamén participaron en accións de sensibilización e obradoiros as persoas afectadas e familiares, así como diversos grupos considerados vulnerables, e para as que se editaron materiais informativos como guías de autocoidado para persoas afectadas, guías para familiares e unha guía para profesionais.

suicidios ordes
Sesións formativas arredor do suicidio desenvoltas en Ordes

Prevención

”O suicidio, hoxe en día, non se pode considerar un fenómeno cunha única causa, senón que diversos factores de carácter sociolóxico, psiquiátrico e psicolóxico entran en xogo en relación coa morte voluntaria”, explican. Por iso aseguran que é un asunto que se debe atender dende a prevención. Esta clase de xornadas son apenas un punto de inicio para comezar a tratar o asunto coa importancia que merece, no cando de deixalo agochado no caixón.

Comentarios