Venres. 13.12.2019
El tiempo

Trampas e charlas contra a velutina

Campaña de Trampeo de Proteccion Civil Santa Comba contra a velutina
Campaña de Trampeo de Proteccion Civil Santa Comba contra a velutina
Trampas e charlas contra a velutina

Continúa unha nova campaña contra a invasión da vespa asiática. Estas semanas o Concello de Santa Comba leva dende mediados de marzo realizando unha nova campaña de trampeo contra a velutina. O Servizo de Protección Civil está a colocar máis de 100 trampas tanto homologadas como de fabricación caseira con líquido atraente para a captura das raíñas de avispas. A colocación realizouse e continua a facerse en lugares donde o ano pasado foi frecuente a retirada de niños de velutina.
Pasados xa 15 días e despois de revisar as trampas instaladas o número de raíñas capturadas empeza a ser significativo.

Capturadas 1.480 raíñas en Carballo

O primeiro mes da campaña de trampeo que puxemos en marcha dende o Servizo Municipal de Control de Pragas do Concello de Carballo saldouse coa captura de 1.480 raíñas de avespa velutina. A campaña, que se prolongará ata o 31 de maio, conta este ano coa participación de 53 persoas que están a colaborar nas distintas parroquias, nas que teñen colocadas xa 561 trampas.

Charla informativa en Cabana

Diferencia entre a vespa velutina e as autoctonas

Paralelamente o Concello Cabana de Bergantiños programou para o vindeiro venres 5 abril, dunha xornada sobre a praga da avespa Velutina. O encontro, que terá lugar no Auditorio Municipal, contará cunha primeira sesión dedicada aos adultos e cun enfoque claro na loita contra a praga da Velutina. O responsable da empresa Plaguiber, Isidro Rodríguez, exporá nunha primeira parte os distintos tipos de avespa, as costumes e ciclo biolóxico da avespa. A continuación, presentaranse os distintos tipos de traxes de protección e diverso instrumental de loita como pértegas, trampas ou compostos químicos.

No remate da charla farase entrega a todos aqueles que queiran participar na loita contra o insecto invasor, que tentas perdas está a ocasionar na apicultura da comarca, de trampas e compostos que atraen estes insectos.
Tamén, a partir das 12.00 h e ata as 13.00 h, dará comezo unha nova charla para os nenos e nenas na que un experto lles informará sobre a morfoloxía, ciclos biolóxicos do citado insecto e amosaralles distintos niños de avespa.

Comentarios