Xoves. 25.04.2024
El tiempo

EmigraSon, o festival de música galega que nace en Bélxica

Cartel Festival EmigraSon Bruxelas 2023
EmigraSon, o festival de música galega que nace en Bélxica

A cidade de Bruxelas concentra multitude de nacionalidades que reúnen os ingredientes necesarios para crear un medio cultural moi enriquecedor a nivel cultural. Aínda que a capital europea alberga un interesante colectivo galego, a desaparición do emblemático centro galego La Tentation ou o inesquecible festival de música compostelá bótanse de menos na vida social da cidade.

Co afán de retomar este tipo de actividades nace EmigraSon, o festival da emigración que ten como finalidade seguir achegando ao país belga a cultura, o folclore, a tradición e a música de vangarda galegas a través da comunidade galega residente no exterior.
O Instituto Cervantes da cidade acollerá o vindeiro 24 de marzo o espectáculo "No tempo dun café" de Benjamín Otero e Celso Fernández como antesala desta nova iniciativa organizada por un grupo de mozos emigrantes e que abrirá as súas portas ao público interesado no ámbito cultura de Galicia o día 25 do mesmo mes na sala da Embaixada.

Seis grupos de recoñecido prestixio no panorama musical galego actuarán no EmigraSon 2023. O elenco de artistas, Familia Caamagno, os muradáns The Rapants, Fillas de Cassandra, Berto, Lemon Pears e Filloas serán os encargados de deixar pegada galega nesta primeira edición.

A asociación belga Couto Mixto, as eurodeputadas González Casares (PSOE) e Ana Miranda (BNG) apoian e colaboran nesta iniciativa, que auguran será un gran éxito e continuidade. No Parlamento Europeo celebrarase unha sesión a porta pechada na que se falará do panorama cultural galego dentro e fóra de Galicia.

"Vémonos gratamente sorprendidos co interese que EmigraSon está espertando Estabamos seguros de que a chegada será boa entre os galegos emigrantes a Bruxelas, como estamos, pero estamos a recibir moitas mensaxes de xente nova de Galicia preparada para vir polo festival", comentou o organizador e promotor do festival, Karan Novo.

Máis novas sobre música

Comentarios