Venres. 29.03.2024
El tiempo

As empresas da comarca enfróntanse a grandes trasatlánticos na adxudicación do Transporte Integrado

O Transporte Integrado unifica as linas escolares coas linas regulares
O Transporte Integrado unifica as liñas escolares coas liñas regulares
As empresas da comarca enfróntanse a grandes trasatlánticos na adxudicación do Transporte Integrado

Aberto quedou onte o sobre A do proceso de licitación de varios lotes do chamado Transporte Integrado (a fusión do transporte escolar co regular). Un proceso de licitación que nace cunha intención única por parte da Xunta: a concentración empresarial. Son lotes moito máis grandes que obrigan ás pequenas empresas que conforman o panorama do rural galego, a unirse en UTEs pouco naturais para poder competir con grandes multinacionais, como Arriva, Monbús, Alsa, Interbús ou a Compañía de Tranvías da Coruña.

12 empresas da Costa da Morte (Vehículos Costa, Autocares Pedro Pombo, Autocares López e Hijo, Autos Fondo e Hijos, Autocares González Rodríguez, Autocares Ferrín-Costa, Autocares Facal, Facal Bus, Autocares Rey Varela, Autocares J. Pombo, Autocares Meijide e Transportes Cotelo) participan no procedemento formando varias UTEs para optar a 5 lotes (Lote XG-804, a liña de Muxía-Negreira-Santaigo; Lote XG-811, a liña Camariñas - Santiago; Lote XG-813, a Cee-Fisterra; Lote XG-845, por Santa Comba - Mazaricos; e o Lote XG-848, a liña Coruña-Fisterra).

Hai dous lotes (o de Camariñas e o da terra do Xallas), que se non pasa nada, e se a UTE costeira cumple os requisitos dos sobres B e C, serían de adxudicación directa, porque só hai unha candidatura.

Nos outros tres lotes hai máis competencia.
Na liña Cee-Fisterra compiten coas empresas satélites de Monbús.
Na liña Santiago-Muxía, teñen dous grandes competidores: a UTE entre Hermanos Ferrín e Monbús; e por outro lado é a madrileña Interbús e a Interurbana de Autobuses, a dos buses urbanos da Coruña.
Na liña Fisterra-Coruña tocará competir con Arriva (Autos Carballo), e a UTE entre as empresas satélite de Alsa e Monbús.

As dúas máis importantes son as Fisterra-Coruña (importante tamén ao ter tamén Arteixo), e e a de Santiago-Muxía, que medrou moito gracias ao Camiño.

Dende as empresas costeiras consideran que están nunha boa disposición pero con cautela. En todo caso, “a sorte está botada”.

Sobre os prazos, a idea era que as novas adxudicacións empecen a traballar en setembro, co comezo do novo curso. De todas manteiras, isto poderá realizarse nos Lotes onde só hai unha empresa, porque nas que hai varias propostas podería haber reclamacións, e a cousa se podería ir ata xaneiro. Ata entón, continuarán traballando as empresas que o viñan facendo ata este curso, como pasou nos lotes de Carballo-Coristanco ata comezos deste ano.

Novas relacionadas

Comentarios