As empresas de transporte da Costa da Morte conseguen loitar contra as multinacionais
Este venres saíu a publicación das novas adxudicacións do adxudicación do Transporte Integrado. Un novo paso deste claro proceso de concentración empresarial, favorecendo ás grandes multinacionais e deixando dun lado as pequenas empresas que sustentan o país. Así o comprobamos analizando as 19 adxudicacións xa aprobadas (aínda quedan lotes pendentes), das que 9 (o 47%) recaeron en Monbús e nas súas propostas.
Pero a ducia de empresas costeiras tiñan claro que había que loitar pola súa propia superviviencia e demostraron que se pode pelexar contra grandes trasatlánticos do transporte.
A UTE Galicia, conformada por esa ducia de empresas costeiras, son un exemplo en toda España. En case todo o estado as empresas pequenos ficaron como meros satélites das multinacionais, quedando cas migallas dos suculentos contratos públicos. Aquí decidiron prantar cara, e se ben a día de hoxe consideran que poderían ter sacado algo máis desta batida de adxudicacións, se lles dixeran hai dous anos, cando comezou esta carreira de fondo da Xunta pola creación dun oligopolio do transporte, que estaríamos con estes contratos, seguramente tiveran aceptado cos ollos pechados.
A UTE Galicia gañou dos lotes, o 811, a liña regular que une o norte da comarca e Bergantiños, con Camariñas e Santiago; e o 845, o transporte escolar en Santa Comba, Mazaricos e Zas. Son en total 69 autobuses os que terán que poñer á disposición, o que supón a supervivencia de todas as empresas.
Na comarca, Arriva queda coa liña Fisterra-Coruña, e Monbús, por agora coa liña (case que escolar) Fisterra-Carnota. Monbús tamén ten que xustificar a baixa no lote Santiago-Muxía, outra das liñas importantes da comarca, para sacar adiante a adxudicación.
Non acaba aquí a carreira de fondo e as empresas seguirán loitando polos seguintes lotes, que sairán a final de ano.