Sábado. 27.04.2024
El tiempo

En Marea de Coristanco pide a dimisión de Antonio Pensado

En Marea de Coristanco pide a dimisión de Antonio Pensado
Novo episodio na política coristanquesa ao redor da apertura do xuizo oral ao que foi alcalde de Coristanco durante 24 anos - Antonio Pensado Plágaro -. Nesta ocasión - e despois de facelo o BNG - son os membros de En Marea de Coristanco os que piden a dimisión do ex alcalde. "Facendo unha análise deste suceso, chegamos á conclusión de que unha persoa queestá acusada de levar a cabo na súa etapa de goberno uns delitos de tal calibre, non está capacitada para representar aos veciños de Coristanco nas institucións xa que a súa lexitimidade para exercer a acción política é nula, polo que consideramos que debe de presentar a súa dimisión canto antes", manifestan os de En Marea. Por outra parte, tamén os de En Marea de Coristanco critican os "ataques" que fai Abraham Gerpe - actual alcalde - cara o Ministerio Fiscal a raíz das peticións de cárcere e fianzas establecidas tanto para o ex alcalde como para os tres administradores de Gesmaga, S.L. e construcciones Martínez e Hijos "as cales chega a denominar como barrabasadas". 2Dende En Marea entendemos que no momento en que Abraham Gerpe xustifica a presenza de Pensado no seu goberno, está dándonos a razón en que realmente quen goberna é o tenente de alcalde actuando él a modo de monicreque" indica nunha nota de prensa o equipo de Carlos Abelenda Fernández. Dende En Marea consideran que se Abraham Gerpe non cesa do seu cargo a Antonio Pensado "está lexitimando e xustificando a forma de gobernar do seu tenente de alcalde durante os 24 anos que foi rexedor de Coristanco e demostra unha vez máis aos veciños de Coristanco a fraude política da que se tratou a súa candidatura, que comezou coa súa chegada á alcaldía mediante unha moción de censura ilexítima e que se reitera agora co seu apoio a Pensado, tanto criticando a labor da Fiscalía como a xustificación das súas prácticas clientelares co argumento de que foi o que decidiu a veciñanza do concello de Coristanco nas urnas", sinalan dende En Marea.

Novas relacionadas

Novas de Coristanco

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios