Estatísticas sobre o galego
11:57 18/05/16
A lingua galega evidencia síntomas de enfermidade. Dunha enfermidade que pode converterse en crónica. Non esaxero. Queredes datos. Datos dunha fonte fiable pola solvencia técnica, rigor da mostra utilizada e por tratarse dos máis recentes dispoñibles, na espera de coñecer outros máis actuais, pois aí van:
En 2003, a porcentaxe de residentes en Galicia que falaba sempre na lingua de Pondal estaba arredor do 43%. Sen embargo, en 2008 (29,96%) e no 2013 (30,84%) o retroceso dos galegofalantes é evidente.
Situación distinta é a dos que utilizan sempre o castelán na fala. Fai trece anos representaban o 19,5% do total, pero en 2008 medran ata o 20% e aumentan tamén en 2013 ata preto do 26%. Deste xeito, observamos o significativo aumento dos que falan “castellano” en exclusividade.
Así mesmo, os datos corroboran outra realidade incuestionable: a xente que utiliza máis o galego que o castelán diminuíu seis puntos porcentuais en 2013 respecto ao ano 2008; mentres que a porcentaxe dos que falan máis castelán ca galego apenas variou nestes anos.
En fin, o lector pode extraer as súas propias conclusións. Pero, a obxectividade das cifras corrobora una realidade axiomática: a lingua galega está doente. Culpables: todos. Por iso chegou o momento de facer algo. Cada un como mellor poida ou saiba. Pero, todos, absolutamente todos debemos falar galego. Porque, para mudar a tendencia somos todos necesarios. Imprescindibles.
Por certo, si fósemos capaces de transmitir o idioma aos máis novos, co mesmo agarimo con que o fixeron os nosos maiores, non precisaríamos lembrar a diagnose do bardo de Bergantiños que –como bo médico– receitou no seu día Os Pinos, para curar o mal.

- Domingo Guerra (domingoguerra@quepasanacosta.com). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
Novas relacionadas
Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra
- O Informe dez meses despois.
- A e-Administración.
- Economía Municipal. Reforma do financiamento local.
- Economía Municipal. Pagar tarde, mal e arrastro.
- Chegou o momento.
- O necesario control.
- Non vos parece?.
- A voltas coa débeda.
- Administracións de 4ª División.
- Non somos “mexebos”.
- Estamos a sufrir en silencio excesivo e sen saber até cando.
- O peixe intelixente.
- Desafíos municipai.
- O soldo do alcalde.
- Repasando o PIB dos Concellos QPC.
- Facturas no caixón.
- Débeda viva a 31/12/2013.
- Solvencia financeira municipal.
- Os concellos e a crise.
- Reposición da legalidade urbanística.
- Loito por culpa do mar.
- Remanente de tesourería.
- Eficacia recadatoria.
- Oportunidade perdida.
- Gasto de persoal.
- Rendición da conta xeral.
- A Conta Xeral.
- A contribución.
- Cuestión de confianza e moción de censura.
- Débeda municipal.
- A prórroga do orzamento municipal.
- Presión fiscal dos nosos concellos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).