Mércores. 24.07.2019
El tiempo

Falece un home nun novo atropelo en Rus

Falece un home nun novo atropelo en Rus

Tempos malos nas estradas da bisbarra. Se o pasado luns falecía nun accidente de tráfico Paula Sueiro en Agualada, ao longo deste días xa temos dado conta de varios atropelos, un en Baio, outro en Cee e outro en Corcubión, deixando sendos feridos.

O desta mañá de xoves 11 de febreiro volve ser moi grave e volve salpicar ás estradas bergantiñás. Un home de avanzada idade falecía tras ser alcanzada por un turismo na recta de Rus, en Carballo. O sinistro se produciu arredor das 7:30 desta mañá entre a gasolineira e o cruce de Coristanco. O condutor do vehículo se puxo en contacto co 112 Galicia para pedir axuda. De seguido, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos técnicos de Urxencias Médicas, aos membros de Protección Civil de Coristanco e Carballo, e Bombeiros e aos axentes da Policía Local, pero nada se puido facer por salvarlle a vida.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios