Familias afectadas por 6 proxectos de parques eólicos: “Róubannos a nosa Paisaxe”
Dende Outes ou Mazaricos, ata Corme ou Ponteceso, pasando Santa Comba ou Coristanco. Non hai zona na comacar que non vaia sufrir o novo envite dos proxectos eólicos que a Xunta vén de poñer en marcha dende a pandemia.
Esta semana, moitas familias afectadas polos futuros parques de Cerqueiral, de Salgueiras, de Banzas, de Maragouto e Coto das Airas unen ás súas forzas ás entidades ambientais para alzar a voz e pedir a inaplicación do Plan Sectorial eólico. Entidades como a Plataforma As Salgueiras, Asoc. ambiental e cultural Petón do Lobo, Asoc. galega Cova Crea, Asoc. O Ouriol do Anllóns e Veciñas afectadas polo Cerqueiral piden que se anule o Plan Sectorial “por desfasado e carecer de avaliación ambiental que integre a normativa vixente e garanta o seu benestar”.
O caso é que “o Plan Sectorial eólico aprobado no ano 1997 non incorpora a normativa derivada do Convenio Europeo das Paisaxes, que indica que a Administración ten que plasmar nos Obxectivos de Calidade Paisaxística dos proxectos as aspiracións da cidadanía. E aquí o único que plasman son as aspiracións dunha empresa allea que ven facer cartos á costa do benestar dás familias afectadas”, denuncian.
”Van colocarnos muíños xigantes que cada vez teñen máis diámetro de rotor e que se colocan a 200 metros de casas illadas e a 500 de núcleos habitados sen que se teña en conta os impactos visuais e acústicos para as familias afectadas”, explican. Así, na liña do manifesto “Aldeas con horizonte”, asinado por ducias de entidades de todo o país, familias coristanquesas son claras: “Róubannos a nosa Paisaxe”.
Proxectos eólicos “cada vez máis agresivos para o benestar dás familias no rural”
Proxecto eólico do Cerqueiral, de Greenalia
Situado a 500 metros dos núcelos de Padrín, O Rueiro, A Brañeira, Couso e Esternande, en Santa Comba e Coristanco. Un máis no medio doutros nove, dentro da mesma Área de Desenvolvemento Eólico.
Proxecto eólico de Banzas, de Green Capital Power.
Situado a 500 metros dos núcleos de Campolongo, Vilar de Arriba, Vilar de Abaixo, Couso de Arriba, Couso de Abaixo, Cabana Moura, en Outes, Mazaricos e Negreira. Un máis no medio de outros oito parques.
Proxecto élico das Salgueiras, de Norvento, S.L.
As infraestruturas do parque eólico están incluídas no ámbito de aplicación da normativa do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (POL), nas unidades de paisaxe Monte Branco (05.02.182), Praia de Balarés (05.02.181), Brañas de Gondomil (05.02.179), Esterio do Anllóns (05.02.183) e Cantís do Canteiro (05.02.180). Parte das infraestruturas inciden sobre un espazo de interés, espazo de interese paisaxístico (Cantís do Canteiro) e espazo de protección de ladeira”. O parque situarase a menos de 2 quilómetros do parque eólico Corme G-3 en funcionamento na actualidade. O proxecto afecta ás Paisaxes Pondalianas que reflictía na súa obra o bardo pontecesán Eduardo Pondal.
Outras zonas afectadas
Proxecto eólico Coto dás Airas, de Coto das Airas S.L.
Emprázase directamente sobre a Serra do Suído, un emprazamento de alto valor natural e paisaxístico. Por este motivo a Serra atópase clasificada como unha Área de Especial Interese Paisaxístico (AEIP) e sobre un sistema de humidais e de turbeiras de alto valor ecolóxico e ambiental, nos municipios de A Lama e Fornelo de Montes.
Proxecto eólico de Maragouto, de Green Capital Power
10 aeroxeneradores sobre o humidal dá Braña de Valadares, ao redor de 500 metros dás vivendas dás familias de 8 núcleos, turbeiras, carballeiras e unha manchea de hábitats prioritarios afectados, nos municipios de Outes e Negreira.
Un máis no medio de trece parques en funcionamento e 12 máis en tramitación, nun radio de estudo de 15 quilómetros dos aeroxeradores proxectados: Parque Eólico Corzán, Parque Eólico Serra de Outres, Parque Eólico Pedregal Tremuzo Ampliación, Parque Eólico Pedregal Tremuzo, Parque Eólico Paxareiras II F, Parque Eólico Currás, Parque, Eólico Paxareiras IIB, Parque Eólico Paxareiras II C, Parque Eólico Paxareiras I-II A (Montevos), Parque Eólico Paxareiras II D-E, Parque Eólico Singular Carnota, ParquemEólico Singular Muros, e Parque Eólico Ponte Rebordelo (Fonte: Rexistro Eólico de Galicia-Decembro 2019).
Ademais, actualmente na zona de implantación do parque eólico atópanse en tramitación doce parques eólicos: Parque Eólico Banzas, Parque Eólico Outes, Parque Eólico Singular Outes, Parque Eólico Alvite, Parque Eólico Alvite II, Parque Eólico A Picota, Parque Eólico A Ruña III, Parque Eólico A Ruña II, Parque Eólico San Cosmeiro, Parque Eólico Vaqueira, Parque Eólico Ampliación Virxe, e Parque Eólico Alto dás Agras (Fonte: Rexistro Eólico de Galicia-Decembro 2019).
Novas sobre os eólicos
- O BNG ratifica o seu rexeitamento ao parque eólico no Monte das Salgueiras.
- Ofrecen un modelo para presentar alegacións para pedir a inaplicación do Plan Sectorial Eólico de Galicia.
- “Aldeas con horizonte”: Manifesto por unha moratoria a novos parques eólicos.
- “O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades”.
- Carta aos eólicos: “O expolio está servido”.
- O Cerqueiral, outra ameaza para a nosa paisaxe.
- Greenalia, que promove 7 parques eólicos na comarca, fai unha doazón de material escolar.