Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Feismo de vangarda

Feismo de vangarda

"Eu si quero feismo na miña paisaxe". Esta frase podería ser perfectamente o subtítulo da nosa sección "Aquí non se tira nada", a sección onde a chapuza se convirte en enxeño. I é que a reciclaxe é un dos paradigmas do país, que se materializa no chamado "feismo", tan galego como cheiro a purín.

Este "Eu si quero feismo" sirve de manifesto para reivindicar os aspectos máis positivos e sustentables da construción de autoabastecemento.

I é que o termo "feísmo" está mal usado, segundo o colectivo Ergosfera: "o feísmo non é un femóneno estético, senón de procesos máis complexos que, ao materializarse, teñen repercusións estéticas". Iso si, moitos destes procesos teñen un claro impacto negativo, como o abandono do patrimonio, o modelo inmobiliario especultaivo, a inoperancia municipal...

Nesa liña Ergosfera prantexa liberar de culpabilidade ao pobo galego, e castiga ás administracións como grandes responsables da carencia dun prantexamento urbanístico real, ao tempo que considera que os medios de comunicación non temos servido como plataforma para sorte un debate profundo sobre o tema.

Exemplos como a Ampliación Directa a base de ladrillo, o peche somier, as bañeiras multiuso, os sistemas construtivos para o deseño biolóxico... pasan a ser baluartes do urbanismo máis vangardista de todo o país.
Ademais este movemento ten nos arquitectos costeiros Joan Creus e Covadonga Carrasco dous alicerces.

Aquí non se tira nada

Seguimos agardando as vosas imaxes para a nosa sección Aquí non se tira nada, esas imaxes que demostran que a Costa da Morte ten un enxeño, un sexto sentido, para o aproveitamento de recursos e para a reciclaxe especial. Poden enviárnolas a [email protected]

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios